Chegan a Lugo os primeiros composteiros comunitarios: o Concello expande a recollida selectiva de materia orgánica

Son catro composteiros e están situados en Angelo Colocci, San Fiz, Fonte dos Ranchos e Vila Verde, para dar servizo a unhas 300 familias

Miguel Composteiro 2
00:00
Cedido

Os catro novos composteiros darán servizo a 300 familias da cidade de Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O Concello de Lugo, a través da Área de Transición Ecolóxica, puxo en marcha os primeiros composteiros comunitarios na cidade, que ofrecerán unha nova vía de reciclaxe da materia orgánica para a veciñanza que vive en bloques de pisos e non dispón dun terreo para efectuar este tipo de procesos de compostaxe na súa propia vivenda.

"Estamos convencidos de que este sistema axudará a consolidar un modelo máis sostible para Lugo, no que os residuos orgánicos poidan transformarse nun recurso valioso que mellora a calidade do solo e o coidado ambiental", destacou o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, durante a inauguración do composteiro situado en Angelo Colocci, acompañado polo xefe de servizo de Medio Ambiente, Miguel Negral, e o responsable da empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza 'Luce Lugo', José Carlos Díaz.

Cada composteiro comunitario está formado por cinco módulos de achega de residuos, un caixón estruturante e un cartel informativo que explica como usar correctamente o sistema. Estas áreas están pechadas cun valado perimetral para garantir unha xestión ordenada e segura. 

O proceso de compostaxe estará supervisado polos mestres composteiros de EcoLugo, que semanalmente revisarán o nivel de enchido, a temperatura, a humidade e a aireación, realizando os volteos necesarios para garantir unha descomposición eficiente da materia orgánica. "O resultado deste proceso será un compost de alta calidade, que se caracteriza por ter un olor agradable a bosque húmido e que estará a disposición dos veciños e veciñas", explicou Fernández.

O Concello de Lugo asegura que os composteiros quedaron perfectamente integrados na estética urbana

Cedida

O Concello de Lugo asegura que os composteiros quedaron perfectamente integrados na estética urbana

integración no espazo urbano

Os composteiros comunitarios están deseñados para integrarse de forma harmoniosa no espazo urbano, garantindo unha estética coidada e respectuosa co entorno. Ademais, contan cun valado perimetral que proporciona seguridade á instalación e evita accesos indebidos. O proceso de compostaxe realízase baixo unhas condicións controladas que aseguran que non se xeren olores desagradables.

Espérase que as catro áreas de compostaxe procesen unhas 70 toneladas de biorresiduos ao ano, producindo 14 toneladas de compost que poderán ser utilizadas para enriquecer hortas e xardíns. "Repartiremos un quilo de compost a cada veciño, contribuíndo así a pechar o ciclo natural da materia orgánica na nosa cidade", engadiu o edil.

Compostaxe doméstica no rural

Ademais dos composteiros comunitarios, o proxecto contempla a entrega de 800 composteiros individuais a familias do rural. Estas unidades están destinadas a vivendas unifamiliares que dispoñen dun terreo, co obxectivo de fomentar a reciclaxe de materia orgánica directamente na orixe. 

Para garantir o éxito do programa, o Concello convocará reunións informativas no Edificio Impulso Verde, onde os pedáneos recibirán información detallada sobre o proceso de solicitude. "As familias participantes tamén recibirán formación práctica sobre o uso adecuado do composteiro, asegurando que cada unidade se aproveite ao máximo e se obteña un compost de alta calidade", indicou Miguel Fernández.

O Concello espera reciclar en orixe máis de 250 toneladas anuais de biorresiduos

Cedida

O Concello espera reciclar en orixe máis de 250 toneladas anuais de biorresiduos

No seu conxunto, entre a compostaxe comunitaria e a doméstica, espérase reciclar en orixe máis de 250 toneladas anuais de biorresiduos, producindo ao redor de 50 toneladas de compost que se reintroducirá no ciclo produtivo.

"A reciclaxe de materia orgánica é unha aposta clara polo futuro e pola conservación do noso medio ambiente. Estamos comprometidos en seguir desenvolvendo iniciativas que contribúan a un Lugo máis limpo e sostible", concluíu o concelleiro.

O servizo de recollida mediante o colector marrón, implantado en xullo de 2024, completa esta estratexia de reciclaxe. Desde entón, recóllense unhas 5,44 toneladas mensuais de residuos a través do contedor marrón, mentres que o servizo de recollida porta a porta para grandes xeradores, implantado a finais de decembro de 2024, rexistra unha media mensual de 29,22 toneladas de materia orgánica recollida.

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 4 MAR 2025 | BOLETÍN