as actividades comezan este xoves

Os gladiadores volven adestrarse en Lugo

Máis de cincuenta atletas e especialistas de toda España participan na Semana Nacional do Deporte Antigo, organizada polo Concello coa asociación Lucius Spiculus Divulgación

Deporte Antigo
00:00
Ramudo

O programa contempla V Adestramento Nacional de Gladiatura

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Comeza en Lugo a Semana Nacional do Deporte Antigo. As actividades quedarán inauguradas este xoves. Trátase dunha prosposta cultural que se desenvolverá ata o 23 de novembro, e que achegará á cidade a máis de cincuenta atletas e especialistas de toda España.

Entre outras actividades, inclúe o V Adestramento Nacional de Gladiatura, con adestramentos abertos ao público para observar de preto as técnicas e prácticas que eran empregadas nos combates. 

Organizado pola Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, xunto coa asociación Lucius Spiculus Divulgación, este evento propón "unha programación diversa, con conferencias, exhibicións e competicións abertas a todos os públicos, que permitirán descubrir as orixes do deporte pero tamén achegar o patrimonio e a historia da cidade desde outra perspectiva", explica o edil de Xuventude, Jorge Bustos.

"Este importante evento é unha cita máis que consolidada no panorama nacional que por primeira vez chega a Lugo", explicou o concelleiro, "ofrecendo unha viaxe ao pasado e achegando a riqueza do patrimonio histórico ás novas xeracións, con propostas e actividades dirixidas tanto a especialistas como ao público xeral".

"Durante esta semana, non só podemos coñecer máis sobre a historia de Lugo, senón que este evento tamén nos brinda a oportunidade de practicar estes deportes dunha maneira rigorosa, dacordo coas súas orixes", dixo Bustos. De feito, o concelleiro lembrou que "o traballo dos poñentes e expertos" que participarán na Semana Nacional do Deporte Antigo "foi fundamental para achegarnos a unha recreación fiel e enriquecedora, polo que a súa presenza en Lugo será unha gran oportunidade para seguir aprendendo sobre as nosas raíces".

Entre os poñentes, precisou, destacan Alfonso Mañas, doutor en Historia do Deporte, experto en gladiatura, investigador da Universidade de Berkeley e membro do consello editorial de The International Journal of the History of Sport; Juan Tranche, editor e divulgador sobre a Antiga Roma e autor da novela Spiculus; Fernando Barriales, recreador histórico especializado en gladiatura e creador de musealizacións; e Javier Romay, fundador de Lucius Spiculus Divulgación e especialista en deportes antigos.

adestramento de gladiadores

O programa contempla a posibilidade de seguir en directo o adestramento dos gladiadores

Concello de Lugo

O programa contempla a posibilidade de seguir en directo o adestramento dos gladiadores

Entre as actividades máis destacadas desta semana, inclúese o V Adestramento Nacional de Gladiatura, que en edicións anteriores acolleron cidades como Tarragona e Madrid. Os adestramentos, abertos ao público, permitirán observar de preto as técnicas e prácticas empregadas nos combates. 

Ademais, o vindeiro día 23 celebraránse os Xogos Panhelénicos no Campo Municipal de As Pedreiras, onde o público poderá experimentar como eran disciplinas deportivas da antigüidade e presenciar unha competición de nivel nacional.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN