Os grandes persoeiros do pasado "resucitan" en Lugo
O Cemiterio Municipal de San Froilán acollerá esta primavera unha serie de paseos teatrais nos que se rememorará a homes e mulleres que "deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense"

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, fala das visitas teatralizadas ao Cemiterio Municipal de San Froilán
Lugo - Publicado el
1 min lectura
Atención á iniciativa cultural que pon en marcha o Concello de Lugo esta primavera no Cemiterio Municipal de San Froilán: unha serie de paseos teatrais a través dos cales se rememorará a vida e o legado de persoeiros destacados da cidade.
PRIMEIRA CITA COAS "MULLERES" de LUGO
A primeira sesión, que terá lugar o 23 de marzo ás 17:30 horas, centrarase nas "mulleres relevantes que deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense".
O grupo de teatro Achádego, coa súa interpretación, revivirá as historias destas "figuras femininas que contribuíron significativamente ao desenvolvemento cultural e social da cidade".
As entradas poderán reservarse previamente no Cemiterio Municipal de San Froilán ou na Oficina Municipal de Turismo, cun máximo de catro por persoa.
RESCATAR A "MEMORIA DA CIDADE"
A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, a nacionalista Cristina López, convida "a participar nesta iniciativa cultural que busca rescatar a memoria da cidade", e afirmou que as visitas teatralizadas ao cemiterio son "oportunidades únicas para coñecer o noso pasado nunha instalación referencial de Lugo".