'Un gusto de rural, un rural degusto': Unha iniciativa dende Lugo para dar a coñecer a mellor carne das razas autóctonas galegas

A Deputación de Lugo impulsa un programa de degustacións de carne de vacún de Morenas do Noroeste, Porco Celta, poldro de Pura Raza Galega e Galiña de Mos, en feiras de gando e festas tradicionais

El cerdo se alimenta de bellotas, castañas y de restos de la producción agrícola
00:00
Ramudo

Daniel García: “Queremos poñer en valor a calidade excelente dos produtos e o traballo dos gandeiros que se comprometen coa conservación das razas autóctonas”

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

A área de Rural da Deputación de Lugo pon en marcha unha campaña para poñer en valor e dar a coñecer as carnes e produtos derivados de razas autóctonas galegas. O programa 'Un gusto de rural, un rural degusto', promoverá degustacións en feiras de gando e outros mercados e feiras tradicionais.

A iniciativa, que contará coa participación das asociacións Puraga, Asoporcel e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), pretende amosar a calidade gastronómica das carnes de vacún das razas Morenas do Noroeste, da Galiña de Mos, do poldro de Pura Raza Galega e do Porco Celta con diferentes receitas, que van dende as propostas máis tradicionais ata elaboracións innovadoras.

O deputado de Rural, Daniel García, e representantes das entidades agrogandeiras presentaron a imaxe e os elementos promocionais que se empregarán nas degustacións, que serán elaboradas, preferentemente, coa materia prima proporcionadas por gandeiros locais.

Presentación da campaña 'Un gusto de rural, un rural degusto'

Cedida

Presentación da campaña 'Un gusto de rural, un rural degusto'

O responsabel provincial explicou que “o programa dá un novo impulso á colaboración que mantivo coas asociacións agrogandeiras nos últimos anos para fomentar o consumo de produtos de razas autóconas e abrir novas canles de comercialización que contribúan a xenerar rendas para as gandeiras e gandeiros”.

"hai que coidar a imaxe e a loxística"

Daniel García subliñou “a importancia de coidar a imaxe e a loxística das degustacións para transmitir ás persoas consumidoras a calidade excelente dos produtos e poñer en valor o traballo dos gandeiros e gandeiras que se comprometen coa recuperación e conservación das razas autóctonas, en producións sostibles que contribúen ao mantemento do territorio e á fixación de poboación no rural”.

Neste sentido, o deputado remarcou “a necesidade de seguir insistindo en transmitir unha mensaxe positiva e actualizada en relación coas oportunidades e coa calidade do traballo que se fai no rural, como facemos con outros programas como Da Escola á Granxa, no que as pícaras e pícaros dos colexios teñen a oportunidade de degustar os produtos elaborados na propia granxa ao remate da actividade formativa

  • As primeiras degustacións previstas no marco do programa son o domingo 2 de marzo, na Feira de Gando de San Rosendo, en San Miguel de Reinante con Puraga, e na Feira do Caldo de Ósos de Taboada con Asoporcel; e o martes -4 de marzo-, no Antroido de Val de Francos, con Boaga e Asoporcel.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

03:00H | 22 FEB 2025 | BOLETÍN