Lugo prepárase para a súa gran festa universitaria: celébrase este mércores A Carballeira

O goberno local xa activou un dispositivo especial de limpieza que comezará a traballar ás sete da mañá do xoves para deixar limpo o parque de Fingoi, onde normalmente quedan tiradas toneladas de lixo

Limpeza na Carballeira
00:00
Ramudo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo un chamamento á responsabilidade para desfrutar da festa con sentidiño

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Como cada ano, antes das vacacións de Semana Santa, celébrase en Lugo a festa universitaria da Carballeira. Miles de estudantes, que cursan as súas carreiras no campus local ou que chegan doutros puntos de Galicia, reúnense na Carballeira de Fingoi, na zona sur da cidade e a celebración prolóngase ata altas horas da madrugada. A veces, ata o día seguinte. O ano pasado sen ir máis lonxe deixou unha monumental resaca: dez toneladas de lixo, unha pelexa e dous rapaces evacuados ao HULA a causa de intoxicacións etílicas.

O goberno local, a través da área de Transición Ecolóxica, informou de que ten activado un dispositivo especial de limpeza con motivo desta festa. O operativo dará comezo ás 7:15 horas do xoves e desenvolverase de maneira intensiva ata as 10:00 da mañá, cunha actuación continua en toda a contorna do parque.

"O obxectivo é deixar a zona en perfecto estado no menor tempo posible, reducindo ao máximo o impacto dunha festa multitudinaria sobre un espazo natural emblemático como é a Carballeira", asegurou o alcalde Miguel Fernández, quen tamén fixo un chamamento "ao civismo e á responsabilidade para que a celebración transcorra con respecto ao entorno e a todas as persoas que participan ou viven nas proximidades".

retiradas as papeleiras para evitar actos vandálicos

Como parte do dispositivo, o Concello de Lugo procedeu á retirada preventiva de todas as papeleiras da zona para evitar actos vandálicos e á colocación de colectores de 800 litros de capacidade, distribuídos pola Carballeira e o seu perímetro, para facilitar o depósito ordenado dos residuos xerados.

A recollida será, como vén sendo habitual, selectiva: separarase vidro, envases lixeiros e fracción resto. Ademais, realizouse xa unha limpeza previa do campo con retirada de folla e acondicionamento da zona.

DISPOSITIVO ESPECIAL DE LIMPEZA

O operativo contará con máis dunha decena de vehículos e maquinaria especializada: dúas cisternas de baldeo mixto, unha hidrolimpadora de alta presión, dúas varredoras (unha eléctrica e outra de GNC), dous camións satélite, tres triciclos eléctricos, dous vehículos Goupil e un furgón eléctrico con equipo de vapor para limpeza e desinfección.

A nivel humano, o dispositivo inclúe máis de vinte profesionais, entre condutores, peóns e maquinistas, ademais de oito peóns de limpeza adicionais e tres capataces que supervisarán e coordinarán os traballos desde primeira hora.

"UN SERVIZO EFICAZ"

"Lugo conta cun dos servizos de limpeza máis eficaces e comprometidos de Galicia, e este tipo de operativos demóstrano cada ano cunha resposta áxil, ordenada e respectuosa co medio", afirmou o alcalde lucense, poñendo en valor o traballo do persoal municipal que participa nesta actuación.

En canto á seguridade, a Policía Local despregará un operativo especial durante toda a xornada. Durante a tarde haberá catro patrullas na cidade, dos cales dous estarán destinados especificamente á Carballeira, con catro axentes asignados

Xa durante a noite establecerase un reforzo con catro patrullas na contorna, co obxectivo de garantir a convivencia e intervir ante calquera incidencia. O goberno local lembra que este tipo de eventos require da colaboración de todas as partes para manter un ambiente festivo seguro.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00H | 25 ABR 2025 | BOLETÍN