humanización dos espazos urbanos

Lugo será unha cidade peonil de norte a sur

Arroxo: "Completarase un corredor peonil que permitirá conectar a praza da Milagrosa coa Fonte do Rei, facilitando un percorrido seguro e accesible"

Presentación do proxecto de peonalización da Milagrosa
00:00
Ramudo

O Concello de Lugo pretende crear un corredor peonil, seguro e accesible, dende A Milagrosa ata a Fonte do Rei 

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Lugo disporá dun corredor peonil que comunicará a zona norte da cidade coa zona sur.

O tenente alcalde e responsable da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza coa veciñanza do barrio da Milagrosa para presentar un novo proxecto de humanización e peonalización que permitirá completar ese trazado, cómodo, seguro e confortable para que os peóns podan percorrer o casco urbano da capital luguesa, dunha punta a outra.

En concreto, a nova intervención contempla a peonalización do tramo da rúa Milagrosa comprendido entre as rúas Mallorca e Xulia Minguillón. Ese proxecto, explicou Arroxo"permitirá completar un corredor peonil que conectará a Praza da Milagrosa coa Fonte do Rei, facilitando un percorrido seguro e accesible para a veciñanza".

O proxecto terá un orzamento en base de licitación de 497.573,96 euros.

transformación urbana coa peonalización 

Nos últimos anos, a Área de Infraestruturas avanzou na transformación urbana da zona norte da cidade a través da peonalización de rúas clave como a Rúa Divina Pastora, a Praza de Agro do Rolo, a Praza da Milagrosa e parte da Rúa Milagrosa ata a Rúa Curros Enríquez.

A isto, sinala o tenente alcalde, engádense recentemente as peonalizacións das rúas Luis Seoane e Camiño Real"creando unha rede de espazos peonís e fortalecendo o compromiso co modelo de mobilidade sostible".

O proxecto de humanización tamén contempla importantes melloras nas infraestruturas de abastecemento de auga e drenaxe, explicou o responsable municipal de Mobilidade.

De feito, a rede de abastecemento será renovada por completo, cambiando as antigas tubaxes de PVC por fundición dúctil, e instalando novas válvulas, bocas de rego e de incendio para garantir a seguridade e durabilidade da rede.

Arroxo e Penas presentaron o proxecto de peonalización da Rúa MIlagrosa aos veciños do barrio

Concello de Lugo

Arroxo e Penas presentaron o proxecto de peonalización da Rúa Milagrosa aos veciños do barrio

encontro cos veciños

No encontro, a veciñanza puido coñecer de primeira man os detalles do novo proxecto, que ten como obxectivo completar un espazo peonil continuo que conecte o barrio co centro, de xeito que o tráfico motorizado se concentre nas vías principais. As zonas interiores quedarían para un uso mixto e peonil.

Rubén Arroxo insistiu en que "a zona da Milagrosa é xa un punto de encontro e dinamización social e económica do barrio, algo que se verá incrementado con este novo proxecto que ampliará este impacto positivo, facilitando a accesibilidade e a convivencia veciñal".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN