Ensaio cun novo bioherbicida

Na procura dunha solución para todo o ano: a Xunta busca un método para manter limpa a Muralla de Lugo

Estase a testar un novo método natural que permita manter limpo o monumento mesmo durante a nidificación dos cirrios, coincidindo coa tempada alta de turismo

Limpeza Muralla
00:00
Ramudo

A Xunta busca un método natural e efectivo para aplicalo durante todo o ano

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

A Xunta de Galicia iniciou os ensaios cun bioherbicida a base de ácido pelargónico para eliminar a vexetación da Muralla de Lugo.  Trátase dunha das medidas previstas no Plan Director para a conservación do monumento.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, explicou que o obxectivo é atopar un método de limpeza respectuoso coa fauna e o medio ambiente e idóneo para calquera época do ano, pensando especialmente na primavera e o verán, a tempada alta de turismo que coincide coa nidificación dos cirrios nos paramentos.

O procedemento está a ser supervisado por especialistas, baixo a dirección do responsable do Plan Director, o arquitecto Ignacio López de Rego. Nunha primeira fase estudáronse no laboratorio os posibles efectos sobre a pedra e o morteiro, con resultados satisfactorios.

O responsable do Plan Director explicalle ao delegado da Xunta como vai a intervención

Xunta

O responsable do Plan Director explicalle ao delegado da Xunta como vai a intervención

próbase a súa eficacia

Hai quince días procedeuse a probar a súa eficacia en catro cuadrículas delimitadas xunto ao cubo LXXI, fronte ao Edificio Administrativo, das que se está a facer seguimento. A solución aplicada ten en todos os casos o ácido pelargónico como principio activo, pero usáronse distintas técnicas e concentracións segundo os diversos tipos de plantas, densidade ou tipoloxía de morteiro, entre outras consideracións.

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude valorará a súa efectividade e incidencia sobre os muros, e se os resultados son positivos estenderase a lenzos enteiros durante a próxima primavera. 
  • A última fase consistiría en aplicala sobre todo o perímetro, xa no vindeiro outono, e propoñer a súa incorporación aos protocolos de mantemento.

método tradicional

Mentres tanto, tamén se retomou estes días na mesma zona a limpeza da Muralla cos métodos manuais tradicionais, traballos que cada ano deben interromperse a partir de abril ou maio, a época en que máis medra a vexetación e tamén o momento en que os cirrios retornan aos seus niños ocultos nos muros.

Arias destacou que a Consellería decidiu nos últimos anos non aplicar herbicidas químicos convencionais neste espazo tan transitado, por razóns de saúde pública e de coidado ambiental. 

Ao respecto, lembrou que no 2019 xa se testaron as propiedades herbicidas doutros produtos a base de aceites esenciais, “e seguimos buscando a mellor solución para a Muralla, que permita compatibilizar os seus valores culturais, turísticos e medioambientais”, apuntou.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

04:00H | 9 MAR 2025 | BOLETÍN

thumb

COPE emisión nacional

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

  
  • 2 Directos
  • Emisoras
  • Recomendados
  • { "from": 720, "to": 1439, "title": "Tiempo de Juego", "lead": "Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño", "horario": "12:00h - 00:00h", "platform": "", "image": "/uploads/2024/07/03/6685675befb7c.jpeg", "track": { "id": 1620, "track": "https://net2-cope-flucast.flumotion.com/cope/net2.mp3.m3u", "type": null }, "head": "deportes", "priority": true, "categoryId": 180, "description": "Tiempo de Juego es el sonido del deporte en la radio: Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño. Sábados y domingos desde el mediodía hasta la 1H de la madrugada. En directo, con el fútbol, el baloncesto, la Fórmula 1 y el tenis. Acompañados de Rubén Martín, Petón, Gonzalo Miró, Morientes o Santi Cañizares.", "se": [] }
    thumb
    12:00h - 00:00h

    Tiempo de Juego

  • { "from": 720, "to": 839, "title": "Fin de Semana", "lead": "Con Cristina López Schlichting", "horario": "12:00h - 14:00h", "platform": "", "image": "/uploads/2024/07/03/66857d05ed48b.jpeg", "track": { "id": 1619, "track": "https://net1-cope-flucast.flumotion.com/cope/net1.mp3.m3u", "type": null }, "head": null, "priority": false, "categoryId": 94, "description": "Fin de Semana de COPE es un programa de radio presentado por Cristina López Schlichting: Sábados y domingos, en directo, de 10h a 14h: Con protagonistas de la actualidad, reportajes, entrevistas e historias humanas. Y con colaboradores como Marian Rojas Estapé o Nacho Abad.", "se": [] }
    thumb
    12:00h - 14:00h

    Fin de Semana

Ver toda la programación