O Partido Popular de Lugo convídate a coñecer o patrimonio da cidade

A través dun código QR situado na fachada da Casa do Concello podes descargar unha guía turística en galego, castelán e inglés na que aparecen os principais atractivos da capital da provincia

Os concelleiros do Partido Popular presentaron o novo QR turístico da cidade de Lugo
00:00
Baruk Domínguez

Os concelleiros populares Elena Candia e Agustín Gallego presentaron o novo QR turístico da cidade de Lugo

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

2 min lectura

O Partido Popular deu un paso máis no seu compromiso cunha política útil coa instalación dun código QR de grandes dimensións nunha das fiestras do local que ocupa na Casa do Concello, que permite acceder á guía dixital sobre Lugo elaborada coa colaboración dun grupo de persoas vencelladas ao turismo, a historia e a cultura local. A iniciativa busca facilitar o acceso á información turística, tanto a visitantes como á veciñanza.

FERRAMENTA "ÚTIL", FEITA "CON RIGOR E CARIÑo"

A voceira popular Elena Candia explicou que "esta guía é unha mostra máis do noso compromiso cunha política que serve. Ofrecemos unha ferramenta útil, feita con rigor e cariño, para que quen visite Lugo estes días poida coñecer mellor o que temos: patrimonio, historia, cultura, gastronomía e natureza".

"A data non é casual. Queremos poñer en valor a Semana Santa lucense e recoñecer o traballo da Xunta de Confrarías, que está loitando para conseguir a declaración de Interese Turístico Nacional. Nós, desde a oposición, achegamos o que temos: medios propios e vontade de sumar", engadiu a líder dos populares.

"Se queremos que Lugo deixe de ser unha cidade de paso, hai que coidala, contala e promocionala como merece. Esta guía é un pequeno paso nesa dirección", concluiu Candia.

FALTA DE ESTRATEXIA TURÍSTICA DO CONCELLO

Pola súa banda, o concelleiro Agustín Gallego puxo o foco na falta de estratexia do goberno local en materia turística.

"Temos unha cidade cun enorme potencial turístico, pero sen unha planificación seria nin vontade real de poñela en valor", denunciou.

Neste sentido, Gallego enumerou dez evidencias que poñen de manifesto esta falta de xestión:

  1. Páxina web municipal desactualizada e sen contido útil.
  2. Ausencia dunha axenda cultural visible e falta de sinalización turística axeitada.
  3. Promoción exterior moi limitada en feiras e eventos clave como Fitur, Intur ou Fairway.
  4. Paneis informativos dos museos fóra de servizo.
  5. Problemas de mantemento en espazos arqueolóxicos como as ventás da Rúa Doutor Castro ou a Casa dos Mosaicos.
  6. A candidatura de Lugo como Capital Española da Gastronomía foi aprazada e quedou esquecida.
  7. Negativa ideolóxica a colaborar na promoción do Xacobeo.
  8. Competencia desleal aos guías oficiais ofrecendo visitas turísticas gratuítas desde o propio Concello.
  9. A oficina de información turística da Praza Maior só abre en verán, San Froilán e Arde Lucus. O resto do ano, os visitantes teñen que ir á Praza do Campo. Lugo non pode seguir sendo unha cidade sen porta de entrada.
  10. E, por se isto fora pouco, pechan o Auditorio Fuxan Os Ventos no verán alegando "falta de demanda".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 15 ABR 2025 | BOLETÍN