O Pazo rexuvenece: o templo do baloncesto de Lugo terá un moderno marcador central

A cuberta, que tamén será renovada, pode soportar unha estrutura de ata 2.800 kilos, polo que a Deputación está traballando para que o novo marcador esté lista de cara á vindeira tempada

Himno gallego durante el Breogán-Coruña
00:00
Ramudo

Efrén Castro informou de que o Pazo contará cun moderno videomarcador central na vindeira tempada

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Lugo é unha cidade de baloncesto. Recoñecémolo mesmo aqueles que baixamos cada quince días ao Anxo Carro para animar ao noso equipo de fútbol, coa esperanza de que algún día regrese á segunda división. O Breogán ten un exército de seguidores e o Pazo é o seu fortín. Tamén é a casa doutros equipos da capital luguesa, pero ese recinto precisa de melloras. Non hai moito, problemas de condensación que xa foron solventados obrigaron a suspender un partido da ACB. 

O caso é que a Deputación de Lugo, a Vicepresidencia da institución, que dirixe o nacionalista Efrén Castro, elaborou un programa para mellorar e modernizar as instalacións do Pazo e unha das actuacións previstas, segundo acaba de anunciar, é a instalación dun marcador central, para que os afeccionados podan ver mellor as vitorias dos seus equipos.

"Nas últimas semanas recibimos as conclusións do estudo sobre a capacidade de carga da cuberta, que confirma que pode instalarse un peso puntual máximo de ata 2.800 kilos. Segundo as empresas proveedoras consultadas, isto é suficiente para un equipamento moderno, de última xeración, que incorpore as últimas prestacións e innovacións", precisou Efrén Castro.

Por iso, adiantou que "a partir do estudo e da información recollida, os servizos provinciais están traballando nos pregos para licitar o contrato de compra e instalación do videomarcador. O obxectivo é realizar a instalación de cara a vindeira temporada".

Estudo de carga

O estudo de carga da cuberta, realizado pola empresa L&M, requiriu un minucioso traballo a partir do proxecto de execución redactado polos arquitectos Jorge Zapata Suárez e Luis Gorozarri Del Vale para a construción do Pazo.

Realizadas as comprobacións, iniciouse o traballo de estudo que determinou que a carga puntual máxima que se pode suspender da estrutura da cuberta non poderá exceder de 2.800 kilos repartidos en catro apoios coincidente con catros nos situados na capa superior da maia.

O Pazo ateigado de xente

Ensino

O Pazo ateigado de xente

Rehabilitación da cuberta

Ademais da instalación deste equipamento, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ten en marcha a contratación da obra de rehabilitación integral da cuberta do Pazo. A intervención suporá a aplicación dunha membrana impermeabilizante de poliurea sobre a superficie da cuberta, que suma 8.500 metros cadrados.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 21 FEB 2025 | BOLETÍN