O poeta de Lugo que triunfa nos Estados Unidos

Claudio Rodríguez Fer acaba de ser galardoando co Premio Babel de Literatura 2025, que outorga a Universidade de Texas, pola "calidade excepcional e a importante contribución do seu traballo"

Claudio Rodríguez Fer
00:00
Ramudo

O profesor da USC Claudio Rodríguez Fer acaba de ser galardoado co Premio Babel, que concede a Universidade de Texas

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, alén de poeta, narrador, ensaísta e tradutor, Claudio Rodríguez Fer, acaba de ser galardoando co Premio Babel de Literatura 2025 que outorga a Universidade de Texas pola "calidade excepcional e a importante contribución do seu traballo" no campo literario. 

O premio, que entrega anualmente Mundus Artium Press, entidade radicada na Universidade de Texas, en Dallas"honra a persoas que promovan o diálogo literario entre linguas e culturas", informa a universidade compostelá.

Rodríguez Fer, profesor visitante en diversas universidades de Estados Unidos e de Europa suma este recoñecemento ao Premio Nacional da Crítica de España e o doutoramento honoris causa pola Universidade da Alta Bretaña, en Rennes; así como distincións tan diversas como a da Medalla Eminescu, en Romanía; ou a de Cunqueiriano de Honra, concedida polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, en Galicia.

"Defensor da paz e dos dereitos humanos, Rodríguez Fer influíu no discurso literario global a través da súa poesía, estudos e publicacións multilingües. O Premio Babel recoñece os seus logros ao longo da súa vida para superar as divisións lingüísticas e culturais", sinalou o comité internacional que outorga o premio. 

poeta de vangarda traducido a 80 idiomas

Claudio Rodríguez Fer, "voz destacada da literatura de vangarda", tal e como destaca o devandito comité, é un escritor galego traducido a numerosos idiomas -castelán, portugués, inglés, francés, alemán, italiano, grego, romanés, ruso, árabe, bretón, ou esperanto, entre outros- e o seu poema "A cabeleira" está traducido a máis de oitenta idiomas dos cinco continentes, sendo por tanto o texto con máis versións da historia da literatura galega.

O Premio Babel de Literatura recoñece a persoas cuxo labor literario inverte o antigo símbolo da Torre de Babel, que simbolizaba o esforzo humano condenado ao illamento lingüístico e moral. 

Por isto, premia aos e ás escritoras que nas súas vidas e nas súas obras se valen da forza da tradución literaria como medio de superación do solipsismo persoal e social en beneficio de valores profundos de maior alcance, como a paz, a liberdade, a xustiza, a memoria e o entendemento xeral entre os pobos e as persoas

É a primeira vez que tal distinción recae en España, pois anteriormente foron galardoados escritores de Italia, Albania, Francia, Rusia e Corea do Sur.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 18 MAR 2025 | BOLETÍN