Se queres saber os "segredos" do novo auditorio de Lugo, agora é o momento

A veciñanza disporá de seis datas para coñecer o interior desta instalación, concretamente os días 7 e 8 de febreiro e 14, 15, 28 e 29 de marzo, previa inscrición nas oficinas municipais

Rubén Arroxo, acompañado por outros edís do Concello de Lugo, durante a inauguración do novo auditorio Fuxan os Ventos
00:00
Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo

Rubén Arroxo anuncia as visitas guiadas ao novo auditorio

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O tenente alcalde do Concello de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, anunciou que ao longo dos vindeiros meses a veciñanza poderá visitar as instalacións do novo Auditorio Fuxan os Ventos.

Arroxo explicou que "abrimos as portas desta instalación para permitir que todas e todos os lucenses que o desexen poidan coñecer as instalacións deste edificio, visitando as partes que habitualmente non se poden ver".

SEIS VISITAS EN FEBREIRO E MARZO

A Tenencia de Alcaldía organiza seis visitas guiadas a esta instalación, que terán lugar o 7 de febreiro (20:00 horas), 8 de febreiro (12:30 horas), 14 de marzo (20:00 horas), 15 de marzo (12:30 horas), 28 de marzo (20:00 horas) e 29 de marzo (12:30 horas)

Cada unha das visitas terá a cabida limitada a 20 persoas. Para reservar praza, será preciso enviar un correo a 010@lugo.gal ou chamar ao 982 297 350 en horario de 8:30 a 15:00 horas de luns a venres.

Ao anotarse será preciso deixar un teléfono de contacto, xa que a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua contactará nos días previos a cada visita para confirmar asistencia e, no caso de quedar prazas libres, cubrilas coas persoas anotadas na lista de agarda.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 15 ENE 2025 | BOLETÍN