A zona norte de Lugo contará cunha infraestrutura sanitaria adaptada "ás necesidades actuais"

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou a licitación da obras de reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa por importe de 3,2 millóns de euros

O Centro de Saúde da Milagrosa contará cunhas instalacións totalmente renovadas
00:00
Consellería de Sanidade

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fala da reforma do Centro de Saúde da Milagrosa

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou este xoves na súa visita ao Centro de Saúde da Milagrosa a licitación da obras de reforma integral desta infraestrutura sanitaria por importe de 3,2 millóns de euros.

O máximo responsable do sistema sanitario público galego remarcou a importancia dunha actuación "moi demandada pola veciñanza" e coa que a Xunta de Galicia reafirma unha vez máis o seu "compromiso coa sanidade na provincia de Lugo".

Segundo apuntou Gómez Caamaño, o Centro de Saúde da Milagrosa será renovado por completo, reorganizándose e ampliando os seus espazos para ofrecer unha atención sanitaria máis cómoda e eficiente aos seus usuarios.

"Estamos ante unha obra moi ambiciosa, que vai permitir pasar dun centro de saúde obsoleto e saturado, a un inmoble moderno e amplo, cun espazo máis accesible, eficiente e máis adaptado ás necesidades actuais", indicou o conselleiro.

Reforma INTEGRAL E MODERNA

Tras a actuación, o centro de saúde contará con seis consultas de medicina xeral, seis de enfermería e novas salas destinadas á docencia, ás urxencias ou á toma de mostras. Ademais, tamén se renovará a súa área de admisión, as zonas destinadas ao seu persoal e a súa accesibilidade.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen até o vindeiro 4 de marzo para presentar as súas ofertas. Está previsto o comezo das obras neste verán, cun prazo de execución de 18 meses.

Cómpre destacar que mentres se desenvolvan os traballos de reforma, os profesionais deste centro de saúde seguirán atendendo no Centro Integral de Saúde (CIS) de Lugo, garantindo así a continuidade asistencial. Non obstante, cando rematen as obras poderán elixir o seu centro.

HOMENAXE AO DOUTOR PLÁCIDO VILA

No transcurso da visita, Gómez Caamaño tamén avanzou que a reforma levará aparellada unha homenaxe ao doutor Plácido Vila, facultativo que exerceu o seu labor neste inmoble e cuxo recoñecemento foi demandado por parte da veciñanza.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

05:00H | 22 FEB 2025 | BOLETÍN