Deportes
299 deportistas de 34 clubes gallegos se van a dar cita este sábado en el gallego infantil de piragüismo
Club Deportivo San Ciprián y Ayuntamiento han trabajado conjuntamente para traer esta regata al municiipio de Cervo
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O Encoro de Río Cobo será sede este sábado do Campionato Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1. A día de hoxe están inscritos 299 palistas de 34 clubs de toda Galicia, entre os que están os 6 da provincia de Lugo e os 4 da comarca da Mariña (Club Deportivo San Ciprián, Club Kayak de Foz, Club Altruán de Ribadeo e Club de Piragüismo Viveiro).
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move; ademais –precisou- é unha boa ocasión para dar a coñecer todos os atractivos que pode brindar o noso Concello ás persoas que nos visiten”.
A regata terá lugar desde as 11:00 horas e a entrega de medallas está prevista para as 14:00 horas; e tanto desde o Concello como desde o Club San Ciprián, convidan a presenciar este evento deportivo nun escenario de excepción, como é o Encoro de Río Cobo, unhas instalación únicas na provincia que recordemos que foron empregadas para adestrar polo medallista olímpico David Cal.