Ribadeo

ACISA impartirá un curso sobre redes sociales para empresas

Una actividad gratuita, abierta a todo el público interesado

Cartel Curso Redes Sociales ACISA

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo. Os interesados poderán preparar dúbidas con anterioridade para que a persoa formadora as meta no programa”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, conta que “o curso correrá a cargo de Sergio Irigoyen Vázquez, licenciado en Xornalismo con especialidade de xornalismo electrónico e multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela. Con 13 anos de experiencia profesional exerceu como xornalista en varios medios de comunicación, e desde 2016 dedícase ao márketing, redes sociais, arquitectura dixital, estratexia online e formación especializada neste sector”. E engade que “este curso de formación gratuíta enfocado aos socios de Acisa Ribadeo, pero aberto ao público en xeral, enmarcase na oferta de servizos contemplada no convenio de colaboración entre o noso socio A Mariña Asesores e a nosa asociación”.  

Dende a xerencia da asociación indican a forma sinxela de inscribirse: “os interesados e interesadas en participar neste importante curso, poden apuntarse, identificándose co seu nome, apelidos e DNI e establecemento o que representa antes do 22 de abril, mediante correo electrónico en info@acisaribadeo.es ou ven no telefono 982 120 565 ou mediante mensaxe de WhatsApp no movil 663 39 62 26. Antes de realizar o curso de Redes Sociais Empresariais, e para poder elaborar a xornada o máis orientada posible ás necesidades dos asistentes a persoa formadora pide ter unha información previa, por iso os interesados poden responder a estas cuestións no mesmo correo electrónico, cando se apuntan. Ditas cuestións son: ¿qué redes sociais tedes para o voso negocio? ¿Para que usades as redes sociais? ¿Separades as vosas redes persoais e as profesionais? ¿Que buscades con elas (venta, publicidade, visibilidade…)? ¿De 1 a 10, en que punto vos considerades que sabedes de redes? ¿Hai algo específico no que vos gustaría profundizar?

Francisco Iriarte e Jesús Pérez animan “a participar a todo o empresariado ribadense neste curso, sexa cal sexa a súa actividade económica, para conseguir que sigades medrando coma empresa, nunha materia cada dia mais esencial para a nosa supervivencia, como é o desenvolvemento en redes sociais, o novo escaparate da era dixital, en constante evolución.”  

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN