RIBADEO

ACISA lamenta o pasamento do seu expresidente Pablo Vizoso

Foi o máximo responsable da entidade entre os anos 1992 e 1999

25 aniversario ACISA

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Acisa lamenta o pasamento do ex presidente da asociación, Pablo Vizoso Iglesias, ocorrido este sábado.

A entidade fíxolle chegar o seu pesar á familia e amigos, que esta tarde será soterrado en San Pedro de Benquerencia (Barreiros).

Vizoso foi o segundo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Ocupou ese cargo de 1992 a 1999, substituíndo no mesmo a Andrés Tojal e cando se celebrou o 25 aniversario da creación de Acisa subliñaba a importancia de "contar cunha voz que aglutine ao empresariado ribadense".

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN