Ribadeo

ACISA ultima los detalles de su octava gala, será el 22 de febrero

En el evento está previsto homenajear a Ramona Reigosa, Carmen Valdés, José Luís Botana y Ramón Leivas

Asamblea de Acisa Ribadeo

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A VIII Gala será unha cita moi especial, xa que se conmemorará o 30 aniversario da creación de Acisa. Desde a directiva do colectivo empresarial subliñan que “as persoas homenaxeadas neste 2019 son unha mostra de traxectorias como comerciantes, hostaleiros e empresarios do sector servizos á fronte de negocios que forman parte da historia desta vila. E desde a asociación cremos que, tras unha vida cara ao público, detrás dun mostrador, abrindo os seus establecementos, vivindo bos e malos momentos, e tendo sido socios de Acisa, cremos que é unha moi boa ocasión facerlles este recoñecemento coincidindo coa súa xubilación”. E engaden: “nos vindeiros días pecharemos todos os detalles deste evento, nos que haberá algunha que outra sorpresa”. As tarxetas para asistir á VIII Gala de Acisa están á venda nas oficinas da asociación, sitas na rúa Viejo Pancho, 13-baixo. O prezo é de 30 euros.

Conta xeral de ingresos e gastos

Na Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa tamén se aprobou a conta xeral de ingresos e gastos de 2018. O exercicio pasado pechouse cun saldo positivo en tesourería de 34.363 euros. Tamén se deu visto bo por unanimidade ao presuposto para 2019, que ascende a máis de 95.000 euros, sen contabilizar a subvención da Xunta de Galicia deste ano, xa que aínda non foi convocada. Desde Acisa explican que “durante o ano 2018 a asociación tivo 136.000 euros de gastos, dos que 68.000 recaeron en gastos de campañas de dinamización hostaleira, comercial, realización de eventos, actividades, compra de material para socios. Uns 4.000 euros destináronse a colaboracións con entidades que realizan eventos para atraer xente a Ribadeo e que desde Acisa consideramos moi importantes. Oito mil cincocentos euros foron destinados a premios en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. 56.000 euros corresponderon a gastos derivados de aluguer do local, auga, luz, impostos, Seguridade Social, soldos, publicidade, seguros, comisións bancarias. En relación aos cobros e ingresos a cifra é de algo máis de 115.000 euros, dos que 40.000 corresponden a cotas de socios e o resto ás subvencións da Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación de Lugo”. E engaden que “Acisa comezou o 2018 con algo máis de 55.000 euros en tesourería, aos que sumamos os ingresos do exercicio e restamos os gastos, o que deu un peche de ano de máis de 34.000 euros”. Desde a presidencia e a xerencia de Acisa lembran que todos os socios poden consultar as contas con todo detalle nas oficinas da asociación.

Actividades

Na xuntanza tamén se repasaron as actividades realizadas ao longo de 2018 e se analizaron as posibles a levar adiante durante este 2019. Ás campañas clásicas dos días de San Valentín, o Pai, a Nai, a Noite Cálida ou o Mercado de Rúa uniranse o II Desfile de Charangas, o I Festival Intercéltico, o Domingueo en Ribadeo, a Festa do Comercio, xornadas gastronómicas, xornadas de formación e campañas de concienciación, que se perfilarán ao longo das vindeiras semanas. Acisa tamén acordou mercar novas partidas de bolsas para distribuír entre os establecementos asociados. Durante a Asemblea Xeral Ordinaria tamén se expuxo aos asistentes un dos proxectos de futuro nos que traballa a asociación “e que se basea en buscar a fórmula que nos permita subirnos ao carro das novas tecnoloxías e de crear un incentivo máis ao comercio, á hostalaría e servizos a través dunha plataforma informática común, que serva de escaparate e punto de venda. Tamén estamos a estudar a posibilidade de crear un bono turístico, que incluiría unha oferta de actividades a realizar en Ribadeo. Sobre isto seguiremos a traballar e volveremos levalo a reunión. Será despois dun tempo prudencial no que poidamos escoitar a opinión dos nosos socios e socias”. Enriba da mesa quedou a proposta de incluír ás grandes superficies de Ribadeo como socios de Acisa cunha cota especial: “pensamos que se trata dun tema que temos que abordar en profundidade, sobre todo entre o sector do comercio”. O 2018 pechouse para Acisa con 159 socios. Houbo 16 baixas, 8 delas por peche, e 30 altas. Desde a directiva sinalan que “é a maior cifra de novas adhesións a Acisa dos últimos anos. Agardamos seguir medrando nos vindeiros meses. Insistimos sempre en que cantos máis sexamos, máis posibilidades temos de facer máis campañas e de conseguir máis cousas para as nosas asociadas e asociados”. A Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa discorreu con normalidade. Os asuntos da orde do día sometéronse a debate e votación. Unha parte importante foron aprobados por unanimidade e outros por maioría.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN