FOZ

Balseiro califica o certame de baristas de "referente para todo o Estado"

O delegado territorial da Xunta participou na presentación do duodécimo Campionato Internacional de Baristas, que se celebrará no IES de Foz

00:00

Balseiro califica o certame de baristas de "referente para todo o Estado"

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na presentación da duodécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e a sétima edición dos Campionatos Internacionais de Baristas Profesionais e de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería, que se celebrarán no Instituto de Educación Secundaria de Foz entre os vindeiros días 13 e 15 de febreiro, coa presenza in situ dos micrófonos de COPE de la Costa.

Balseiro sinalou que estes campionatos “son un referente en todo o Estado” e “unha plataforma para os alumnos e profesionais do sector do café de cara á súa proxección no mercado laboral”.

Neste sentido, explicou que estes eventos poñen en evidencia que “a calidade está en relación directa coa formación e a profesionalidade”, o que significa que “se baseamos a nosa oferta turística na calidade, temos que confiar nos profesionais en todos os ámbitos, tamén no da hostalería e a restauración”.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 23 DIC 2024 | BOLETÍN