Deportes

Un centenar de deportistas van a participar, este sábado en Mondoñedo en las finales provinciales de duatlón

Siete clubes de la provincia han logrado clasificar atletas para esta competición promovida por la Secretaría Xeral para o Deporte

Presentación en el Ayuntamiento de Mondoñedo

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Un cento de deportistas de sete clubs lucenses participarán na final provincial de Dúatlon que se celebrará este sábado en Mondoñedo, promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración co Concello. O campionato acollerá a participantes das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, con saídas sucesivas, desde Viñas da Veiga, a partir das 16.30 horas. A entrega de premios está prevista para as 18.45 horas unha vez completen as probas que carreira a pé e de ciclismo habituais nesta modalidade deportiva.

Na final provincial confirmaron a súa participación deportistas dos clubs Cidade Lugo Fluvial, Salto do Coro de Mondoñedo, Trip-penta Terras de Lugo, San Ramón de Vilalba, San Roque de Viveiro, Escolas Deportivas de Lourenzá e Verxel Nutrición Deportiva. Ao tratarse dunha final provincial, compiten os deportistas clasificados individualmente nas fases previas dos que os oito primeiros individuais por categoría e sexo terán acceso á final autonómica.

As distancias a percorrer son diferentes en funcións das categorías: Benxamín 500 metros de carreira a pé, 2.000 metros de bicicleta e 250 metros finais de carreira a pé. Alevín 1.000 metros de carreira a pé, 4.000 metros de bicicleta e 500 metros finais de carreira a pé. Infantil 1.500 metros de carreira a pé, 6.000 metros de bicicleta e750 metros finais de carreira a pé. Cadete 2.000 metros de carreira a pé, 8.000 metros de bicicleta e1.000 metros finais de carreira a pé. 

Presentación do cartel anunciador

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa da localidade, Elena Candia e do concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, participaron na presentación deste campionato que forma parte do programa autonómico Xogade. Tamén estiveron presentes José Luís Méndez (Tri-pentas Terras de Lugo), Marisol Piñeiro (Salto do Coro), Ramiro Chao (Salto do Coro) e Manuel Otero, xefe do servizo provincial de Deportes.

A campaña de actividade lúdico deportiva Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma. Dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN