RIBADEO
O colexio Sagrado Corazón celebra o seu cincuentenario o 22 de xuño
Haberá unha eucaristía, unha exposición, o descubrimento dunha placa e un xantar de confraternidade
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, convoca a todas as persoas que están ou estiveron vinculadas ao centro a unha xornada de actividades para celebrar o 50º aniversario das súas actuais instalacións, que están na rúa Carlos III da vila ribadense. Será o 22 de xuño, sábado, e inclúe unha comida de confraternidade.
Os actos dese día comezarán ás 12:00 horas cunha eucaristía de acción de gracias, que se celebrará na capela do colexio. A continuación descubrirase unha placa conmemorativa na fachada de centro e despois farase unha visita á exposición titulada 50 anos sementando futuro. As actividades rematarán cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante Voar ás 14:30 horas.
Inscrición previa para o xantar
As tarxetas para participar na comida poden adquirirse en Foto Miguel ou na secretaría do colexio, pero tamén poden ser retiradas electronicamente mediante transferencia bancaria á conta ES61 2080 0140 1130 0004 6234, indicando no concepto “Festa 50 aniversario” e enviando confirmación ao correo secretaria@csagradocorazon.com.
Sobre estas actividades programadas para o día 22 deste mes o equipo directivo do colexio ribadense Sagrado Corazón explica: “nos satisface abrir nuestro centro para compartir las ilusiones y los sueños que, gracias al esfuerzo de muchas personas de ayer y de hoy, se crearon y siguen generándose en nuestro colegio Sagrado Corazón”.