MONDOÑEDO-FERROL

El Espejo. 29 de marzo de 2019

Programa dirixido e conducido por Baruk Domínguez, emitido en COPE Ferrol e COPE de la Costa

Entrevista co vicario de Misión Misericordiosa e Samaritana, Gonzalo Varela Alvariño

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Vicaría de Misión Misericordiosa e Samaritana de Mondoñedo-Ferrol organiza este sábado 30 de marzo a Festa da Misericordia, que terá lugar no seminario de Mondoñedo a partires das 10:30 horas.

Despois da acollida, terá lugar unha especie de "presentacións simultáneas" do tema da misericordia por parte de cada unha das sete delegación diocesanas que coordina esta vicaría: Cáritas, Mans Unidas, Migrantes, Misións, Mar, Saúde e Carretera. Cada unha delas tentará provocar nos asistentes a "necesidade de conversión e de misericordia".

Ás 12:00 horas terá lugar na Catedral-Basílica da Virxe da Asunción de Mondoñedo a celebración da misericordia de Deus -cun momento amplo para as confesións individuais-, que estará presidida polo bispo da diocese, D. Luis Ángel de las Heras. A xornada rematará cun xantar compartido.

Ademais, no contexto da Festa da Misericordia, terá lugar na capela de Santa Catalina do Seminario a celebración das «24 horas para o Señor». Estará o Santísimo exposto durante este tempo na capela para todas aquelas persoas que desexen compartir un momento de oración.

00:00
El Espejo (29-03-19)

-

Outros temas diocesanos

Falamos tamén da declararión da Romaxe das Cruces (Ribadeo) como Festa de Interese Turístico de Galicia, da nova campaña de cooperación internacional de Cáritas España -"Hay que estar cerca para verlo todo"-, e de numerosos actos previos á Semana Santa nas localidades de FerrolViveiro e Burela.

Sobre todos estes asuntos falan o párroco de Arante (Ribadeo)Carlos Miranda Trevín; o responsable de comunicación de Cáritas DiocesanaChema Pérez; o presidente da Xunta de Confrarías de FerrolCésar Carreño; a voceira da Xunta de Confrarías de ViveiroMª Carmen López "Chipe"; e o párroco de Burela e delegado diocesano de Migrantes e RefuxiadosJesús Álvarez Piñón.

A música de peche corre a cargo dun galego, Xoel López e o seu "Hombre de ninguna parte", moi en liña con ese espírito multicultural tan propio da Semana Santa burelá.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LOS ÚLTIMOS AUDIOS

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN