Viveiro

El fisioterapeuta Javier Teijeiro se suma a la candidatura de Oscar Rodríguez en el PP de Viveiro

Teijeiro López es graduado y lleva 23 años ejerciendo su profesión en la Ciudad del Landro

Javier Teijeiro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O candidato á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, suma á súa lista ao fisioterapeuta Javier Teijeiro López, quen exerce a súa profesión en Viveiro desde hai 23 anos. Teijeiro formará parte da candidatura coa que o PP concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio. O candidato á Alcaldía, o empresario Óscar Rodríguez, valora moi positivamente a incorporación de Javier Teijeiro pola súa posición profesional e política, “unha persoa cun perfil profesional, moi traballador e con mentalidade de equipo”.

Agradece a súa implicación e asegura que a súa candidatura, que se irá dando a coñecer nos vindeiros días, presentará un proxecto “atractivo e comprometido co futuro de Viveiro”, no que se verá representada a realidade social da localidade. “Unha aposta polo desenvolvemento económico e social do municipio que ofreza novas oportunidades aos veciños e veciñas e mellore os servizos que se lles ofrecen”, precisa.

Óscar Rodríguez subliña a boa sintonía e os obxectivos comúns con Javier Teijeiro, o que os levará a presentar un proxecto político para Viveiro “no que o centro serán os veciños e veciñas e as súas necesidades”. Perfil Javier Teijeiro é concelleiro na actual Corporación de Viveiro, posto que ocupa desde hai un mes. É Graduado en fisioterapia, Master of Science e leva 4 anos de Doutorando. Ten 5 másteres e 3 tres títulos de Experto Universitario.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 DIC 2024 | BOLETÍN