RIBADEO
Manuel Ares, sensible, delicado de saúde e necesitado dos seus
Reseña biográfica de Antonio Rodríguez Basanta, Delegado del Clero
Ribadeo - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Manuel Ares Fernández naceu na parroquia de Ribadeo o 27 de xuño de 1968. Fixo os seus estudios eclesiásticos no Instituto Teolóxico Compostelán formando parte da comunidade do teologado San Rosendo en Santiago de Compostela.
Foi ordenado sacerdote o 1 de maio de 1995 na Catedral de Mondoñedo por don José Gea Escolano.
Foi vicario parroquial de Guitiriz e máis tarde en Ribadeo. Logo administrador parroquial de San Xoán de Ove, Santa María de Vilaselán e San Xoán de Piñeira.
No ano 2012 pasou a ser adscrito á Unidade Pastoral de As Pontes-As Somozas e anos máis tarde párroco in solidum da mesma Unidade Pastoral, onde faleceu desempeñando este cargo.
De Manuel Ares todos gardamos o recordo dunha persoa afectivamente sensible, delicado de saúde e necesitado de sempre da cercanía dos seus compañeiros.
Foi un sacerdote piadoso e servicial, moi devoto da Virxe nas súas distintas advocacións e particularmente de Santa Teresa de Lisieux. Como tamén tiña a calidade e o gusto de saber embelecer os templos e prepararar as imaxes para as celebracións litúrxicas. Así mesmo foi un amante dos beléns que el mesmo montaba desde unha perspectiva fielmente bíblica pouco común.
Todos sentimos a morte prematura e inesperada desde sacerdote relativamente xoven. Acompañamos no sentimento á súa nai, irmáns e familia. Como tamén valoramos e agradecemos as persoas e mesmo os compañeiros sacerdotes que sempre estiveron cerca de Manolo, arroupándoo e animándoo.
Descanse na paz do Señor.