Ribadeo | El plazo para participar en el descanso termal organizado por el CIM estará abierto hasta el viernes 6 de noviembre

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O prazo para participar no descanso termal, que organizan o CIM e a Concellaría de Igualdade, está aberto ata este venres, 6 de novembro, ás 12 da mañá. Polo momento hai anotadas 40 mulleres e aínda quedan 15 prazas libres. O viaxe ao spa da Casa da Auga da Coruña está previsto para o vindeiro domingo, 8 de novembro. A novena edición dos Foros Permanentes para as Mulleres do Concello de Ribadeo volven estes días co descanso termal previsto para o domingo. Os Foros están organizados pola Concellería de Igualdade e polo Centro de Información ás Mulleres (CIM), “e con este descansos búscase promover a saúde integral das mulleres e fomentar espazos de ocio para elas”. Polo momento, van 40 mulleres inscritas nesta actividade, que terá lugar o 8 de novembro no spa da Casa da Auga de A Coruña, cun custe de 20 euros por usuaria. O total de prazas é de 55, polo que quedan 15 aínda dispoñibles para as interesadas, que deben anotarse nas oficinas do CIM ou chamando ao número 982 120 739.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

11:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN