Riotorto |
Xunta, Diputación y Ayuntamiento apoyan la X Feira de Artesanía do Ferro que se va a celebrar el 17 de abril
A la presentación de la Feria han acudido la delegada de la Xunta en Lugo, Raquel Arias, el presidente de la Diputación, Darío Campos, el alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias y el presidente de la Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón Arias alabó el esfuerzo de Riotorto por preservar el antiguo oficio y recordó “La Xunta apoya la trasmisión y puesta en valor de la profesión con una subvención de más de 10.000 euros que servirá para financiar demostraciones en vivo durante la feria” Campos manifestó que la Diputación apuesta por impulsar las potencialidades y singularidades de cada comarca de Lugo. Desde la Diputación aportan 20.000 euros, además de colaborar a través del CENTRAD con una exposición sobre la vida de los herreros de Riotorto, que se situará en las calles de la localidad.
Madrid - Publicado el - Actualizado
5 min lectura
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, participou na presentación da X Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, onde destacou a importancia desta celebración para manter vivo un oficio ancestral que foi vital para a Galicia Rural ata hai só unhas poucas décadas. “A feira do ferro é xa un evento consolidado que contribúe a que non se esqueza unha profesión que supuxo, directa ou indirectamente, un medio de vida para moitas familias galegas”, dixo Arias, quen tamén subliñou que “esta celebración representa un recurso turístico único para Riotorto, onde se concentraron e manteñen algunhas das forxas de maior valor etnográfico da nosa provincia”. A delegada tamén salientou a función didáctica que cumpre este evento “posto que o traballo dos ferreiros é pouco coñecido polas nova xeracións e as demostracións en vivo que se realizan na feira contribúen a preservar un dos oficios máis representativos da nosa cultura e do que dependeron milleiros de traballadores do campo durante séculos”. E, precisamente, o Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016, posto en marcha pola goberno galego, ten entre as súas liñas estratéxicas de acción o apoio a este tipo de actividades de demostración artesanal para a súa promoción. Así, a Xunta, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, contribuirá á transmisión e posta en valor do oficio de ferreiro “cunha subvención de 9.680 euros que axudará a que os artesáns da Feira do Ferro financien as demostracións públicas que desenvolverán durante a cita deste ano”, segundo informou a delegada territorial. Unha axuda que se suma aos 1.500 euros aportados para este tipo de eventos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Arias tamén destacou a colaboración entre administracións para facer posible a organización deste evento, pero salientou, como punto de partida, “o empeño amosado pola Asociación de Ferreiros de Riotorto por preservar, coidar e divulgar o traballo do ferro”. A Deputación de Lugo é a máxima patrocinadora deste cita, pois achega 20.000 euros dos 35.000 euros que en total custa a feira. Campos Conde remarcou que esta colaboración do organismo provincial se enmarca na “nosa aposta por impulsar as potencialidades e singularidades de cada Comarca luguesa, que fan que a nosa provincia sexa única, para xerar riqueza. O traballo dos ferreiros é, sen dúbida algunha, unha das maiores potencialidades e singularidades da Mariña Oriental, que temos que pór en valor para que máis xente nos descubra. E podémolo facer coa organización de actividades como a décima edición da feira que hoxe presentamos, unha cita xa consolidada grazas á imprescindible implicación dos propios ferreiros. Noraboa polo voso traballo”. Xunto a dita axuda económica, a institución luguesa tamén colabora con esta cita a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), que levará a esta cita unha exposición sobre a historia dos ferreiros de Riotorto. Nas rúas desta localidade, situaranse ducias de paneis informativos. “Podemos presumir do que temos, deste privilexio de conservar un dos oficios artesanais máis tradicional, como é o dos ferreiros, e que goza dunha alta reputación pola calidade das ferramentas de corte”, engadiu o Presidente. Alcalde de Riotorto O Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias agradeceu a todas as institucións o seu compromiso con esta Feira dixo que “é unha aposta fundamental para apoiar este sector e unha forma de dinamizar o rural”, remarcou. A familia Villado, tres xeracións de ferreiros A apertura da X edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto comezará o 17 de abril, ás 11:00 horas. Participarán 25 ferreiros dos municipios de Riotorto, Santiago de Compostela, O Corgo, Os Oscos e Navarra. O ferreiro de máis idade que asiste a esta Feira é Eduardo Villado, que conta con 85 anos, e o mais novo será o seu neto, Óscar Villado de 33 anos, que forma parte xa da terceira xeración de ferreiros. Programación Tras a apertura da Feira, a partir das 11:30 da mañá, haberá demostracións de oficios, como pirogravado, alfarería, tear e torneado de madeira. Ás 12:00 será a inauguración oficial da Feira coa lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do xornalista e produtor galego de Riotorto, José María Besteiro. Máis tarde, haberá novas demostracións en vivo da artesanía do ferro, con ferreiros de Riotorto, do Corgo, o ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl, Alberto Leis de Santiago de Compostela, e ferreiros do Centro de Interpretación de la Forja de Navarra. Ademais, Antonio de Montouto de Baleira realizará un obradoiro do carbón vexetal. A música correrá a cargo do cantante pontevedrés Roi Casal e a súa banda. Os gaiteiros de Riotorto tampouco faltarán a esta cita, amenizando as rúas da vila. Esta edición tamén contará con obradoiros de ferro infantís, animación itinerante e maxia co Mago Deimi. Os ferreiros de Riotorto A Feira da Artesanía do Ferro xurde no ano 2007 como unha iniciativa da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto. O obxectivo desta asociación é darlle pulo e recoñecemento ao oficio do ferro en Riotorto, xa que este Concello conta cunha longa tradición de familias de ferreiros, moas e mazos situados, principalmente, nas parroquias de Riotorto e Ferreiravella. No concello de Riotorto consérvanse dous mazos: o de Bastián en Espasande de Baixo e o da Fraga en Ferreiravella. Outro mazo foi o do Mazo de Ferreiravella, chamado mazo de Abaixo ou de Chavarría, que foi desfeito na década dos oitenta e transformado en cabana. Estes mazos, xunto con moas, muíños, centrais, etc... constitúen o centro ferreiro máis importante do Norte da Península, sumando un total de 46 artiluxios situados no curso do río de Ferreiravella, entre a parroquia deste nome e a de Espasande de Baixo: os dous mazos xa citados, 5 muíños, unha central hidráulica e 38 moas hidráulicas. O PSdeG-PSOE de Riotorto A agrupación socialista de Riotorto valorou hoxe “moi positivamente o compromiso do Presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos, co impulso e co compromiso do ente provincial coa X Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o vindeiro 17 de abril. Os socialistas din que esta Feira “é un autentico revulsivo para a Comarca”, e sinalan que cos “20.000 euros que aporta a Deputación de Lugo, é unha auténtica mostra do compromiso de Campos cos veciños de Riotorto”. A agrupación socialista sinala que a celebración deste evento é fundamental para o desenrolo económico, etnográfico e cultural da zona. Tamén agradecen as demais institucións que colaboran neste evento, e subliñan o traballo realizado ata de agora “pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, xa que son os verdadeiros promotores de darlle pulo e recoñecemento ó oficio do ferro en Riotorto”.