Mondoñedo

La Xunta de Galicia ejecuta obras de mejora del firme en la carretera LU-159 en Coto da Recadeira, Mondoñedo

José Manuel Balseiro explicó que los trabajos se van a iniciar en breve y cuentan con un presupuesto de 42.000 euros

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Xunta de Galicia executará obras de mellora da estrada autonómica LU-159, no concello de Mondoñedo, que discorre por Coto da Recadieira e enlaza coa LU-160 (Mondoñedo-Ferreira do Valadouro). O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a actuación ten un orzamento próximo aos 42.000 euros e suporá actuar en toda a lonxitude da estrada (770 metros).

Trátase dunha vía que formaba parte do antigo trazado da LU-160. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, prevé iniciar as obras nos vindeiros días, en canto as circunstancias meteorolóxicas sexan propicias para garantir uns bos resultados, para o que cómpre que o tempo sexa seco. Os traballos consisten na limpeza de marxes e cunetas e na extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente en todo o treito. Posteriormente, realizarase o repintado das marcas viarias.

As obras están incluídas no contrato de conservación integral das estradas da rede autonómica na zona norte da provincia de Lugo, que coordina a Axencia Galega de Infraestruturas. Unha vez iniciadas, o prazo de execución estimado é dunha semana.

Escucha en directo

En Directo COPE RIBADEO

COPE RIBADEO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 27 DIC 2024 | BOLETÍN