VIVEIRO
A Xunta licita a dragaxe dos portos de Celeiro e Viveiro
A obra ten un prazo de execución de sete meses e un presuposto de 1.1 millóns de euros
Publicado el - Actualizado
1 min lectura
A Consellería do Mar, licita a través da plataforma de contratos de Galicia as obras de dragaxe nos peiraos de Celeiro, na canle de acceso ao porto de Viveiro e no interior da dársena das instalacións náutico deportivas, por un investimento de 1.197.715,60 euros.
As empresas interesadas na realización desta actuación, cun prazo de execución duns sete meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de abril.
O proxecto prevé a actuar nun ámbito de máis de 49.900 metros cúbicos, a profundidade do calado estará entre -7 e a -8 en Celeiro e entre a cota -2 e -3 no porto de Viveiro e a -3 na canle de acceso. A zona do vertido realizarase en alta mar e, os áridos de maior calidade depositaranse na zona oeste da praia de Covas.
De acordo co disposto no devandito proxecto o obxectivo desta obra é o de mellorar a operatividade nestes espazos e a capacidade de manobra dos buques, que se están a ver reducidas debido á sedimentación de materiais
A actividade pesqueira no conxunto dos portos é unha das principais dentro das dársenas do Cantábrico. Ademais a actividade comercial e deportiva tamén ten certa importancia.