Xunta de Galicia
O 061 de Galicia e a Orde de Malta melloran a asistencia sanitaria a peregrinos e visitantes na catedral de Santiago
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O dispositivo sanitario do 061 permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, situada na rúa Carretas, e o equipo sanitario se desprazará ás 12,00 ata a Catedral de Santiago
No verán de 2023 foron atendidas 272 persoas, o que supuxo unha media de nove asistencias diarias
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061 e a Orde dos Cabaleiros de Malta colaborarán a partir do próximo domingo, 14 de xullo, para mellorar a prestación de asistencia sanitaria aos peregrinos que se acheguen á Oficina de Atención ao Peregrino e ata a Catedral de Santiago de Compostela durante a Misa do Peregrino. A colaboración realízase en prol dun acordo que permitirá que este dispositivo sanitario se manteña operativo ao longo de cinco semanas, desde este domingo ata o próximo 18 de agosto, período no que se estima que o incremento de turistas e peregrinos sexa maior.A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061, como vén facendo durante os últimos anos, dispón do material humano –persoal de Enfermería–, e funxible necesario para a atención sanitaria a peregrinos e as persoas que se atopen na Catedral de Santiago durante a misa das 12,00 horas. Así, o equipo sanitario permanecerá entre as 09,30 e as 14,30 horas na Oficina de Atención ao Peregrino, situada na rúa Carretas, e o equipo sanitario do 061 se desprazará ás 12,00 ata a Catedral de Santiago durante a Misa do Peregrino.Durante o período estival, comprendido entre 16 de xullo e o 13 de agosto, do ano pasado, na Oficina de Atención ao Peregrino, foron atendidas 272 persoas, o que supuxo unha media de nove asistencias cada día. Esta cifra supón un incremento do número de pacientes atendidos respecto ao ano 2022, no que a media de asistencias diarias foi de dúas persoas.En 2023, o mes de agosto duplicou o número de asistencias respecto ao mes anterior con 182 persoas atendidas, fronte ás 90 asistencias rexistradas no mes de xullo. O día no que se atenderon máis pacientes foi o 11 de agosto, con 29 persoas asistidas.Respecto ao sexo dos atendidos, o 60% foron mulleres e o 40% homes. As patoloxías máis atendidas foron: lesións cutáneas (68%) derivadas principalmente polo roce continuo co calzado e feridas leves, e dor aguda (20%) causada por escordaduras, torceduras e sobrecargas ou rotura de fibras musculares e edemas nas pernas.Así, as asistencias resolvéronse como coidado de feridas (64%), inmobilización da zona afectada (15%) e administración de medicación tópica (8%), principalmente. Ademais, o 97% das asistencias realizadas polo persoal do 061 de Galicia finalizaron co alta do paciente no punto, sen que fora necesaria a derivación a outro nivel asistencial.A Orden de San Juan de Jerusalén é unha orde relixiosa laica, tradicionalmente militar, cabaleiresca e nobiliaria. Constitúe unha das máis antigas institucións da civilización occidental e cristiá, e os seus voluntarios están organizados en estruturas sociais, asistenciais, sanitarias e sociais dedicadas a dar servizo aos pobres e necesitados. Actualmente, esta orde está presente en máis de 120 países.Urxencias Sanitarias de Galicia–061 presta atención sanitaria ás urxencias e emerxencias sanitarias no ámbito extrahopitalario na Comunidade galega desde o ano 1995 e actualmente está considerado como o servizo público sanitario mellor valorado pola cidadanía, obtendo os máis altos índices de satisfacción pola súa poboación usuaria.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando