Xunta de Galicia

Alfonso Villares confirma ao sector pesqueiro que a modernización da frota é un dos eixos prioritarios da consellería

Alfonso Villares confirma ao sector pesqueiro que a modernización da frota é un dos eixos prioritarios da consellería

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Destaca que se está traballando en iniciativas que melloren as condicións de traballo a bordo; que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria; ou que limiten o impacto da pesca e reduzan os efectos do cambio climático

Como exemplo do extraordinario labor desta Organización para garantir a viabilidade da actividade marítimo–pesqueira, Villares cita o recurso presentado ao veto da Comisión Europea á pesca de fondo, e que obtivo o apoio absoluto do Goberno galego

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, confirma que a modernización da frota é un dos eixos prioritarios da Consellería que dirixe. Así o manifestou na clausura da xornada Innovación e Tecnoloxía na Pesca, organizada pola OPP–7 de Burela, na que se puxo en valor o papel da formación como ferramenta fundamental para a actualización e desenvolvemento do sector; áreas nas que o uso das novas tecnoloxías son prioridades básicas para logralos. O simposio foi inaugurado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.Na súa intervención, o titular de Mar destacou que se está traballando en iniciativas que melloren a hixiene, a saúde e as condicións de traballo a bordo; que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria; que limiten o impacto da pesca e reduzan os efectos do cambio climático; e que aumenten a eficiencia enerxética e reduzan as emisións de CO2. E é que, segundo remarcou Villares, a modernización da frota será decisiva para mellorar a partir deste ano situacións como a dos vetos en augas da Unión Europea. O exemplo é o palangre de fondo que, malia ser unha das artes máis damnificadas neste senso, é, por exemplo, unha das máis respectuosas co medio mariño.Así, neste escenario, para o dirixente autonómico, a OPP–7 está demostrando unha excelente capacidade de anticipación, como así o proba a súa experiencia no traballos de negociación de normativas ou de representación sectorial, sendo interlocutor ante as administracións europea, nacional e autonómica, ao formar parte da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Altántico (ICCAT), do Consello Galego de Pesca ou da Confederación Española de Pesca. O exemplo máis recente, lembrou Alfonso Villares, é a presentación do recurso contra o veto da Comisión Europea á pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias, e cuxa vista oral se celebrou a semana pasada, en Luxemburgo, e na que o Goberno galego rebateu todos os argumentos técnicos alegados pola Comisión e o Parlamento Europeo, pois o palangre demersal, destinado á captura de pescada como especie obxectivo non reúne as condicións sinaladas no Regulamento base, e esta modalidade non figura na clasificación establecida sobre protección dos ecosistemas mariños vulnerable de alta mar fronte aos efectos adversos da utilización de artes de fondo.O conselleiro do Mar felicitou, por tanto, á Organización de Produtores Pesqueiros de Burela pola iniciativa e animou aos seus integrantes a seguir traballando na mesma senda que o vén facendo dende que foi creada en 1.986, co fin de contribuír á boa marcha da PPC e da Organización Común do Mercado marítimo–pesqueiro europeo. Esta OPP desenvolve hoxe un extraordinario labor no fomento do exercicio dunha actividade viable e sostible e aumentando a rendibilidade económica dos seus membros, evitando e reducindo capturas non desexadas e contribuíndo á rastrexabilidade dos produtos da pesca e o abastecemento de alimentos. En definitiva, segundo destacou o titular de Mar, un colectivo clave para incrementar o valor de conxunto da cadea mar–industria.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín