Xunta de Galicia
Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a protexer os ecosistemas mariños
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) destaca un incremento notable de tartarugas que chegan ás costas de Galicia
O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o impacto positivo das accións dirixidas a poñer en valor a conservación de especies mariñas, así como a importancia de difundir e concienciar ao conxunto da sociedade da riqueza e diversidade que esconden os océanos. Así o expresou no acto de liberación de tres tartarugas promovido polo Cemma, e que tivo lugar este martes a bordo da patrulleira de Gardacostas de Galicia ‘Punta Roncadoira’, que partiu do Porto de Vilaxoán ata mar aberto onde foron devoltos ao mar.Os réptiles reciben o nome de Arou, en referencia a praia onde foi recuperada, Bilii, atopada nun areal de Barreiros e Afortunada, recollida por un mariñeiro de Malpica que foi quen escolleu o nome. Os tres exemplares presentaban feridas que tiveron que ser atendidas nun centro de recuperación. Ademais, estiveron durante 15 días expulsando plásticos, unha circunstancia que comparte o 95% dos individuos que son rescatados polo Cemma, unha cifra que reflicte o impacto negativo destes residuos nos océanos e os seus ecosistemas . Grazas aos convenios coa Dirección xeral de Patrimonio Natural, o Cemma é o encargado de xestionar a Rede de Varamentos de Galicia. Un dos principais obxectivos é a protección e asistencia a mamíferos e tartarugas mariñas que chegan ás costas galegas. Con todo, a parte máis importante desta iniciativa é a devolución dos exemplares de especies protexidas ao seu medio, polo que se precisa a colaboración do Servizo de Gardacostas. Así, o responsble autonómico enxalzou o labor que realiza esta entidade, que calificou de “fundamental”, á vez que agradeceu o papel de moitas persoas colaboradoras que dan a voz de alerta para que estes animais sexan atendidos adecuadamente o antes posible.Durante o pasado ano rexistráronse nas costas galegas un total de 573 animais varados ou en risco de varar. Ademais, o Cemma destacou un incremento notable da cantidade de tartarugas que chegan ás costas de Galicia e que teñen que ser atendidas por diferentes problemáticas. No que vai de ano xa foron liberados cinco exemplares e outros cinco atópanse ingresados. Entre o 80 e 90% logran recuperarse, sendo liberadas posteriormente en mar aberto co obxectivo de evitar riscos e facilitar a súa entrada nas grandes correntes oceánicas nas que viven e se alimentan.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando