Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao "para captar momentos da sociedade con humor"

Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao “para captar momentos da sociedade con humor”

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Cultura asiste en Ribeira á inauguración da exposición ‘Os homes, por Castelao’ no Museo do Gravado de Artes á Estampa Dixital, que mostra as pranchas orixinais coas que se plasmaron as estampas satíricas do intelectual no xornal Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Os homes, por Castelao na Colección de Roberto Taboada no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, unha mostra que recolle as pranchas de cinc utilizadas para plasmar no xornal vigués

en 1925 as estampas satíricas creadas polo intelectual.Estes debuxos dan conta, tal e como lembrou Anxo M. Lorenzo, da “capacidade de Castelao para captar momentos da sociedade galega desde a perspectiva do humor”. Así, fixo fincapé no seu “talento artístico máis alá da súa faceta de escritor ou político”, creatividade da que se valeu tamén, dixo, “como mecanismo de expresión da denuncia social”.Nas pezas que se amosan dase conta, como así apuntou o director xeral de Cultura, “dese enxeño do autor para acompañar o debuxo con títulos cheos de ironía que nos levan á sátira de costumes sen esquecer a nota social”.O museo ribeirense rende así unha nova homenaxe ao intelectual rianxeiro centrándose neste caso na súa faceta como ilustrador, que empregou para plasmar as diferentes tipoloxías masculinas do seu tempo. Faino a través das pranchas que, segundo se considera, se realizaron nos propios obradoiros do xornal

, que botou a andar en 1922, e estiveron esquecidas ata os anos noventa cando as recuperou Roberto Taboada, propietario dunha das coleccións máis extensas sobre a obra de Castelao.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00h | 27 nov 2024 | boletín