Xunta de Galicia

A automatización evitará aos forenses do Imelga o rexistro manual no INE de máis de 2.100 autopsias anuais

A automatización evitará aos forenses do Imelga o rexistro manual no INE de máis de 2.100 autopsias anuais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta está a pilotar a automatización deste procedemento interno que teñen que realizar mensualmente os profesionais do Imelga para as estatísticas do INE

O emprego destas tecnoloxías libera aos empregados públicos de tarefas repetitivas, incrementa a capacidade de tramitación das unidades administrativas e reduce os tempos de resposta

A Xunta está a pilotar a aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA) ao rexistro das autopsias no INE, un trámite que realizan mensualmente os forenses do Imelga. A automatización desta tarefa evitará aos forenses ter que mecanizar manualmente os datos de arredor de 2.100 persoas cada ano.A solución que se está a probar permitirá incorporar os datos que os forenses rexistran no sistema Simelga e envorcalos nos apartados correspondentes do INE. Deste xeito reducirase o tempo no rexistro de defuncións, evitaranse posibles erros e contribuirase a unha maior fiabilidade das estatísticas do INE.Este é un dos preto de 20 procedementos nos que se está a pilotar a aplicación da automatización, tanto na administración xeral autonómica como no eido xudicial. Son, na maioría dos casos, procesos internos da Administración nos que a automatización permite axilizar os procedementos e mellorar tanto os tempos como a calidade do servizo á cidadanía e o desempeño dos empregados públicos.Estas solucións de automatización evitan aos profesionais da administración pública ter que realizar tarefas repetitivas, como revisar grandes volumes de documentos e procesos recorrentes, e poder dedicarse a tarefas de maior valor.A Xunta de Galicia busca estender o uso das tecnoloxías de intelixencia artificial e robótica aos procedementos administrativos de xeito progresivo grazas á plataforma de automatización intelixente que comezou a desenvolver en 2022.Esta plataforma permite dar resposta áxil ás necesidades de tramitación de grandes volumes de expedientes, evitando que as persoas realicen tarefas que poden ser automatizadas e dar un mellor servizo á cidadanía.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN