Xunta de Galicia
Belén do Campo reúnese cos representantes dos Administradores de Fincas para escoitar as súas propostas e para informar das novas axudas da Xunta para construír novas vivendas de alugueiro
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
A delegada fixo balance da xestión do Goberno galego no ámbito da vivenda e informou dos obxectivos para os próximos anos
No encontro comprometeuse a darlle traslado ao director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba da súa proposta de renovación do convenio de prevención do acoso e da violencia de xénero nas comunidades de veciños
A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, cos representantes do Colexio Oficial de Administradores de Fincas que preside Teresa Agrasar. No encontro recolleu as propostas deste colectivo e escoitou de primeira man as iniciativas nas que están a traballar neste sector. No encontro comprometeuse a darlle traslado ao director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, para unha possible renovación da liña de colaboración a través do convenio de prevención do acoso e da violencia de xénero nas comunidades de veciños. Esta liña de colaboración entre a Xunta e a entidade recolle unha serie de medidas dirixidas a detectar casos de violencia de xénero na contorna veciñal, así como para concienciar para previr esta secuela social. Outro dos temas abordados no encontro foi o das vivendas turísticas, a presidenta do colexio incidiu na necesidade de abordar a súa regulación con garantías xurídicas para todas as partes implicadas.Na reunión a delegada da Xunta informou que a Xunta concedeu axudas en materia de vivenda por importe de 286 M? desde a sinatura no 2021 do Pacto pola Vivenda de Galicia. Belén do Campo fixo balance da execución das medidas incluídas no Pacto de Vivenda e presentáronse as estratexias da Xunta de Galicia para acadar 8.000 vivendas públicas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres na actual lexislatura.No detalle do balance, os 286 millóns concedidos en axudas desde 2021 facilitaron o acceso á vivenda a preto de 13.600 familias e promoveron a rehabilitación de preto de 36.000 vivendas existentes, segundo se indicou na reunión. Ademais, concedéronse préstamos do fondo de cooperación para 66 actuacións de concellos interesados na rehabilitación do seu patrimonio. Estas cifras, tal e como destacou a representante do Goberno autonómico, son posibles grazas ao elevado porcentaxe de execución do orzamento do IGVS, que acadou preto de 84 por cento en 2021, preto do 80 por cento en 2022 e o 94 por cento en 2023.Polo que respecta ás medidas previstas no Pacto de Vivenda de Galicia, xa están en executadas ou en execución o 93 por cento do total.A delegada destacou o obxectivo da Xunta de duplicar na presente lexislatura o número de vivendas públicas e acadar un total de 8.000.Os representantes dos administradores de fincas tamén coñeceron a estratexia da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de solo residencial para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres.As actuacións centraranse nas grandes cidades e a súa área metropolitana, nas que se concentra a meirande parte da demanda de vivenda de Galicia. Ás cidades uniranse outras zonas, como o Salnés, nas que tamén existe unha alta demanda de vivenda.Para levar a cabo este proxecto, a Xunta deberá adquirir e urbanizar arredor de 3,3 millóns de metros cadrados de solo, cun investimento estimado que supera os 42 millóns de euros.Tal e como subliñou a delegada a vivenda é un asunto de vital importancia para o Goberno galego. Belén do Campo puxo o acento en como para cumprir os obxectivos propostos é imprescindible axilizar os trámites administrativos e, para iso, desde a Xunta realizaranse os cambios normativos que sexan necesarios, para o que é precisa a colaboración de todos os sectores implicados.Anunciou que o Consello da Xunta xa autorizou o incremento dos módulos das vivendas de promoción privada para actualizalos conforme o incremento dos custes do sector da construción.Finalmente, lembrou que a Xunta está traballando para renovar e actualizar o pacto da Vivenda, xa no cuarto período, que naceu para o período 2021–2025. Neste sentido, convidou a ir presentando xa propostas e os novos retos a afrontar a través do próximo pacto.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando