Xunta de Galicia

O Camiño de Santiago renova a súa condición de Primeiro Itinerario Cultural Europeo

O Camiño de Santiago renova a súa condición de Primeiro Itinerario Cultural Europeo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Federación Europea do Camiño de Santiago vén de notificar á Xunta de Galicia esta certificación que avala o traballo do Goberno autonómico para manter esta condición

A Federación Europea do Camiño de Santiago que integra a administracións públicas de 10 países vén de notificar á Xunta de Galicia a renovación da certificación como Primeiro Itinerario Cultural Europeo do Camiño de Santiago, unha renovación que avala o traballo realizado polo Goberno autonómico en colaboración coas distintas administracións públicas e asociacións nos últimos anos para conseguir manter e conservar os criterios que fixeron posible este recoñecemento hai máis de 30 anos.Desde o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais felicitan á Xunta pola súa participación activa para manter os criterios establecidos polo Consejo de Europa. Valórase, entre outros aspectos, a cooperación en materia de investigación e desenvolvemento, o intercambio de coñecementos en diferentes disciplinas e a promoción dos valores europeos de convivencia.Tamén o papel que se leva a cabo para poñer en valor a historia e patrimonio cultural de Europa a través do Camiño de Santiago, así como o fomento ao turismo cultural e desenvolvemento sostible, respectando as identidades locais e rexionais, entre outros criterios. O Camiño de Santiago renovou este recoñecemento despois dun rigoroso proceso de avaliación e esta renovación conleva, ademais, dun maior recoñecemento tamén oportunidades para garantir a posta en marcha de proxectos conxuntos con outros territorios.O Consejo de Europa distinguiu o Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural en 1987, tempo no que o fenómeno das peregrinacións vén evolucionando ano a ano. A día de hoxe, o número de Compostelas entregadas supera as 200.000, un crecemento do 16% con respecto ao ano anterior e tamén se está a vivir unha crecente internacionalización, co 65% dos peregrinos estranxeiros a día de hoxe.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

03:00H | 16 NOV 2024 | BOLETÍN