Xunta de Galicia

O circuíto da Xunta 'Cultura no Camiño' segue o seu percorrido por Galicia con 140 actuacións en agosto

O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ segue o seu percorrido por Galicia con 140 actuacións en agosto

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Circo, danza, maxia, música e teatro conforman a programación que arrancou o pasado 15 de xuño e que se desenvolve ata o vindeiro día 31 de agosto en 88 municipios das rutas xacobeas

A música de MJ Peréz e as propostas escénicas de Galitoon e Leti da Taberna inauguran a carteleira do mes en Arzúa, Neda e Vilar de Barrio

A 12ª edición desta iniciativa, desenvolvida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración cos concellos participantes, ofrece este verán máis de 300 citas escénicas e musicais a cargo de 140 formacións artísticas galegas

, o circuíto de espectáculos promovido pola Xunta de Galicia en 88 concellos das rutas xacobeas, continúa o seu percorrido ata finais de agosto con 140 novas citas escénicas e musicais previstas durante todo o mes. Completarase así a 12ª edición desta iniciativa, que arrancou o pasado 15 de xuño para ofrecer este verán máis de 300 actuacións de circo, danza, maxia, música e teatro a cargo de 140 formacións artísticas galegas.A carteleira de

, que se enmarca na campaña

da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, caracterízase polo seu enfoque familiar, para todas as idades e gustos, desenvolvendo a meirande parte das representacións ao aire libre. A programación coa que arranca o mes de agosto dá boa conta da ampla variedade de xéneros e estilos que conforman o circuíto.Así, a praza de Galicia en Arzúa será o escenario dun concerto de MJ Pérez mañá, xoves, xornada na que o público de Neda poderá gozar do espectáculo de teatro infantil

,

, de Galitoon, e Leti da Taberna protagonizará o monólogo

en Vilar de Barrio.O venres 2 será a quenda da música de Agoraphobia en Ames, Festicultores Troupe en Abadín, Cé Orquestra Pantasma en Vilar de Barrio e Clara Pino e Pablo Vidal no Grove. Tamén haberá propostas de maxia e teatro para todas as idades con Inefable, de Dani Polo, en Begonte; Conto para escoitar mentres bailamos un vals, de Catoxo, en Mondoñedo;

, de Sempre Arriba, en Allariz;

, de Negro López, en Dozón, e

, de Cía. Catropés, en Sanxenxo.Xa na fin de semana, o sábado 3 terán lugar os concertos de De Ninghures en Negreira, Ailá no Pino e Catuxa Salom en Vilalba. Ese mesmo día, a maxia, o humor e o circo correrán a cargo do Mago Charlangas en Portomarín, Raquel Queizás en Ribas de Sil, Kote Malabar en Vilar de Barrio, Estrelas Máxicas en Xinzo de Limia e Dani García en Xunqueira de Ambía. Ademais, o concello de Miño acollerá o domingo 4 unha dobre sesión matutina de teatro familiar con

, de Trécola, e

, de Paporrubio.As actividades de

nesta primeira fin de semana de agosto achegan outras propostas familiares como

, de Zoelas, en Friol;

, de A Maxia de Ian e Elisa, en Vilar de Barrio;

, de Simplemente Enricco, na Illa de Arousa;

, de Troula de Animación, en Catoira, e

, do Mago Teto en Mos.Na proposta global deste programa para este verán atópanse 93 concertos, 45 funcións de maxia, 55 actividades de novo circo e 110 representacións de artes escénicas, sempre de acceso gratuíto. Ademais, o circuíto funciona como escaparate da produción cultural galega, mobilizando arredor de 500.000 euros en contratacións artísticas a través do investimento da Xunta e dos concellos implicados.Así, este programa de dinamización dos municipios galegos do Camiño de Santiago mantén o dobre obxectivo co que botara a andar en 2013: por unha banda, descentralizar a oferta escénica e musical galega e por outra, favorecer a contratación de espectáculos profesionais producidos na nosa Comunidade.A programación completa pode consultarse na Axenda da web de

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN