Xunta de Galicia
A conselleira de Medio Rural e a Federación Nacional de Industrias Lácteas aúnan esforzos para garantir a estabilidade do sector
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
María José Gómez reuniuse hoxe coa Fenil para abordar a situación dos prezos do lácteo e lograr a rendibilidade para toda a súa cadea de valor
Ademais, reiterouse a petición de que se reduza o diferencial do leite galego con respecto ao doutras comunidades autónomas
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) para abordar vías de colaboración a prol da estabilidade do sector lácteo galego e analizar as dificultades do mesmo, buscando solucións que favorezan a rendibilidade de toda a cadea de valor.A conselleira trasladou de novo a súa petición para acadar un compromiso da Fenil para manter os prezos do leite que perciben os produtores en valores estables. Ademais, tamén reiterou a importancia de que se reduza o diferencial do prezo do leite galego con respecto ao doutras comunidades autónomas. Os gandeiros galegos, insistiu a titular do Medio Rural, non poden seguir na situación actual cun valor máis baixo do seus produtos, pese á súa excelente calidade e as súas condicións hixiénico–sanitarias.Esta reunión, despois da mantida onte mesmo con representantes das principais cadeas de distribución que operan en Galicia, busca avanzar na consecución dun obxectivo, o de conseguir un sector lácteo galego forte e á vangarda. Galicia produce actualmente o 42% do leite de vaca en España, cunha produción que segue a medrar nos últimos anos, concretamente preto dun 5% no 2023 e case un 13% desde o 2018, polo que é importante seguir traballando a prol deste eido produtivo.Ademais, ao Ministerio de Agricultura trasladóuselle a esixencia para que se respecte e se cumpra a Lei da cadea alimentaria para garantir o equilibrio na cadea de valor, como se vén pedindo desde Galicia desde fai tempo.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando