Xunta de Galicia

A Consellería de Sanidade aborda con AGAMUS as potencialidades da música con fins terapéuticos

A Consellería de Sanidade aborda con AGAMUS as potencialidades da música con fins terapéuticos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta e a asociación colaboran no desenvolvemento de actividades de dinamización a través do son e da música no Hospital Universitario de Ourense

Con esta actividade búscase reducir a sensación de dor e a ansiedade dos pacientes, posto que a musicoterapia contribúe a distraer a súa atención

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia (AGAMUS), Montserrat López Merino, abordaron as potencialidades da música con fins terapéuticos.Durante a reunión, que tivo lugar no Edificio Administrativo de San Lázaro e á que tamén asistiu o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, a presidenta de AGAMUS presentou a formación, pioneira en España, relacionada coa Musicoterapia Científica Aplicada, onde os estudantes musicoterapeutas fan prácticas dentro do voluntariado e rotación por toda Galicia.A Xunta e a asociación veñen mantendo unha liña de colaboración para o desenvolvemento de actividade de dinamización a través do son e da música no Hospital Universitario de Ourense.De feito, no pasado mes de xuño asinouse a prórroga, por catro anos máis, do acordo entre a Consellería de Sanidade e AGAMUS que foi rubricado en xuño de 2020 para o emprego do son e da música con fins terapéuticos.Esta iniciativa trata de mellorar a realidade hospitalaria e a súa atención, a través de actividades de dinamización que se realizan na zona “Agora” e nas entradas dos andares de hospitalización, así como actividades de musicoterapia naqueles servizos do hospital que así o soliciten.Estas actividades buscan reducir a sensación de dor dos pacientes, posto que coa axuda da musicoterapia pódese distraer a súa atención e diminuír a percepción de dor, ademais de reducir a ansiedade dos doentes e dos seus familiares.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados