Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita o Radar Meteorolóxico de Cuntis e felicita o labor dos traballadores de MeteoGalicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita o Radar Meteorolóxico de Cuntis e felicita o labor dos traballadores de MeteoGalicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Radar Meteorolóxico de Cuntis, unha instalación situada no alto do Monte Xesteiras que conta cunha tecnoloxía de última xeración que facilita a función de MeteoGalicia.Reguera coñeceu o funcionamento do radar e as súas múltiples cualidades técnicas que permiten facer un seguimento das condicións climáticas en territorios nun radio de preto de 200 quilómetros. Así, o radar conta cunha posición que permite unha excelente visión das frontes que se achegan a Galicia dende o Atlántico e o Cantábrico así como unha monitorización precisa da súa evolución ata o límite oriental da Comunidade. Cabe destacar que este radar, que está en funcionamento desde 2010, permite realizar a detección, descrición, seguimento e predición a curto prazo da precipitación. De feito, grazas aos datos recollidos nesta instalación, MeteoGalicia elabora cada 5 minutos mapas de intensidade e tipo de precipitación (chuvia, sarabia ou neve). Ademais, combinando os datos pluviométricos recollidos pola rede de estacións meteorolóxicas cos datos provenientes do radar, obtéñense mapas de chuvia moi precisos.O delegado territorial aproveitou a visita para felicitar e agradecer o labor dos traballadores de MeteoGalicia e lembrou que todos os datos recollidos neste emprazamento son “tratados, interpretados e simplificados por grandes profesionais para que todos poidamos consultalos na web de MeteoGalicia ou na súa aplicación móbil”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN