Xunta de Galicia

Diego Calvo recibe ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela tras acadar o seu sexto campionato de liga e ao masculino polo ascenso a primeira división

Diego Calvo recibe ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela tras acadar o seu sexto campionato de liga e ao masculino polo ascenso a primeira división

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que o equipo feminino sitúase cos seis títulos ligueiros ao nivel do Futsi Atlético Navalcarnero e o Femesala Elche, ademais de contar cun extenso palmarés con, entre outros campionatos, seis Supercopas de España, seis Copas da Raíña, sete Copas de Galicia ou unha Champions

Destacou a boa saúde do fútbol sala galego con cinco equipos na máxima categoría feminina e a próxima tempada con outros dous na masculina, ao incorporarse o Burela FS ao Noia Portus Apostoli FS tras o seu ascenso

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe na Cidade da Cultura ás xogadoras e corpo técnico e directivo do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala despois de que conseguiran a semana pasada o seu sexto campionato de liga da Primeira FS Iberdrola e tamén aos integrantes do equipo masculino polo seu ascenso a mediados de xuño á Primeira División, ao vencer na eliminatoria ao UMA Antequera. Ao acto tamén asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.Na recepción, Diego Calvo resaltou que, no caso do cadro feminino, coa vitoria no terceiro e definitivo partido dos playoffs co Futsi Atlético Navalcarnero, o equipo burelés iguala o palmarés de campionatos de liga deste club e do Femesala Elche, o que supón un broche de ouro a unha tempada na que tamén acadaron en febreiro a súa sétima Supercopa de España.De feito, ademais das seis Ligas e as sete Supercopas de España, o cadro feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala conta con sete Copas Xunta de Galicia e, a nivel europeo, unha Champions e unha Recopa de Europa. Ademais, foi catalogado en 2021 e 2033 nas entregas do Futsal Planet Awards como o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo e galardoado e en 2022 das Medallas Castelao.O conselleiro de Deportes agradeceu a todas as persoas que traballan polos éxitos deste equipo e felicitou ao equipo masculino porque a próxima tempada volverá a competir na máxima categoría tras o ascenso de hai unhas semanas.Na súa intervención puxo en valor o nivel do fútbol sala galego, xa que na máxima categoría feminina –a Primeira FS Iberdrola– haberá cinco equipos galegos –xunto co Pescados Rubén Burela Futsal, estarán o Poio Pescamar, Ourense Ontime, Ence Marín Futsal e FSF Castro– e na Primeira División masculina o Burela súmase ao Noia Portus Apostoli FS.Por iso, Diego Calvo incidiu en que ambos equipos do Pescados Rubén Burela son os mellores embaixadores e embaixadoras de Galicia e do deporte galego e os mellores referentes e exemplos para os nenos e nenas, tanto os que queren dedicarse ao deporte como para inculcar o hábito de realizar exercicio físico e valores como o compañeirismo e o esforzo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

02:00H | 16 NOV 2024 | BOLETÍN