Xunta de Galicia

Esgotados todos os Bonos turismo, os establecementos aínda poden adherirse á campaña

Esgotados todos os Bonos turismo, os establecementos aínda poden adherirse á campaña

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O delegado territorial visitou a casa de turismo rural Abuelo de Arcos, un dos 100 establecementos adheridos na provincia de Pontevedra

Turismo de Galicia investiu un millón de euros nesta iniciativa e espera mobilizar preto de dous millóns

Os 16.000 bonos descargados poderán utilizarse entre o día 10 de setembro e o 25 de decembro deste ano

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a casa de turismo rural Abuelo de Arcos, un dos establecementos adheridos ao programa do Bono Turismo. O delegado destacou o “gran éxito” desta campaña que xa esgotou os 16.000 bonos descargables e lembrou que os establecementos aínda están a tempo de participar nesta iniciativa na que Turismo de Galicia inviste un millón de euros e coa que espera mobilizar preto de dous millóns. Cabe destacar que o bono turístico foi unha iniciativa que naceu coa pandemia e que demostrou ser unha ferramenta moi efectiva á hora dedesestacionalizar e descentralizar o turismo en Galicia. Así, os usuarios que teñen descargado algún dos bonos poderán utilizalo a partir do día 10 de setembro e ata o 25 de decembro en calquera dos establecementos adheridos á campaña. Estes establecementos, así como toda a información sobre o funcionamento da campaña, pódense atopar na web bonoturismo.gal. A día de hoxe poderanse beneficiar do bono turismo preto de 400 establecementos turísticos de aloxamento en Galicia entre establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, dos cales 100 corresponden á provincia de Pontevedra.Reguera finalizou a visita felicitando aos encargados da casa Abuelo de Arcos polo “espectacular espazo e servizos que ofrecen aos seus clientes” e aproveitou para lembrar unha vez máis a importancia de “seguir traballando para explotar os numerosos recursos turísticos que ten Galicia, fomentando especialmente aqueles menos coñecidos polo gran público”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 27 NOV 2024 | BOLETÍN