Estas son as novas axudas ó alugueiro da Xunta: requisitos e cuantías

A conselleira de Vivenda lamenta que coa Ley de Vivienda estatal se reduciu a oferta de pisos en Galicia

00:00

As novas axudas ó alugueiro da Xunta, coa conselleira de Vivenda

Redacción COPE Galicia

Galicia - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Xunta de Galicia anuncia axudas do 60% para o alugueiro de vivenda en colectivos vulnerables a partir do ano que ven.

"Menores de trinta e seis anos, familias monopentais, numerosas e tamén as persoas que leven máis dun ano agardando por unha vivenda pública", explica Ánxeles Vázquez, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

As axudas concédense durante un periodo inicial dun ano, pero pódense extender a dous se se mantén a situación de vulnerabilidade".

Os efectos da Ley de Vivienda estatal

Outro dos problemas do mercado de alugueiro actual en Galicia, como en toda España, é a escaseza de pisos. Segundo os datos da administración autonómica a entrada en vigor da Ley de Vivienda nacional supuxo a retirada do 18 por cento dos que estaban a disposición das familias.

Para tentar incrementar a oferta o goberno galego anuncia tamén axudas ós promotores que constrúan ou rehabiliten inmobles para adicalos ó alugueiro.

As axudas poden chegar ós 50.000 euros por piso.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 15 ENE 2025 | BOLETÍN