Xunta de Galicia

Galicia demostra a súa solidariedade fronte a deixadez de funcións do Goberno central e acollerá outros 26 menores migrantes non acompañados

Galicia demostra a súa solidariedade fronte a deixadez de funcións do Goberno central e acollerá outros 26 menores migrantes non acompañados

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

"Fronte a inacción, a improvisación e as imposicións do Goberno central, a nosa comunidade seguirá recibindo os menores non acompañados que lle corresponden segundo o reparto", asegurou a conselleira

Ao mesmo tempo, a Xunta seguirá reclamando ao Executivo de Sánchez os medios e os recursos necesarios para darlles a atención que precisan

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no Pleno da Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia celebrado esta tarde. Na reunión, confirmou que Galicia acollerá outros 26 nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados (NNAMNA) chegados a Canarias e Ceuta, ante a saturación dos recursos destes territorios.A conselleira defendeu que acoller aos menores non acompañados "é unha cuestión de humanidade" e que "Galicia sempre demostrou e demostrará que é unha comunidade responsable, á altura das circunstancias e, sobre todo, solidaria". Ao mesmo tempo, apuntou, "seguiremos reclamando ao Goberno central os medios e os recursos necesarios para atendelos durante todos os anos que formarán parte do sistema galego de protección".Fabiola García lamentou que, "fronte o sentidiño de Galicia e o planteamento razoable da maioría das comunidades, o Executivo de Pedro Sánchez volve facer gala da deslealdade". Tamén criticou a ausencia de política migratoria, unha competencia do Goberno central que "intenta descargar toda responsabilidade nas comunidades autónomas ao intentar impoñer de forma unilateral un reparto non negociado con elas".A conselleira explicou que acoller un rapaz non é só ofrecerlle aloxamento e cubrir as súas necesidades básicas, xunto á educación e a asistencia sanitaria. Implica, ademais, asumir o compromiso de acompañalo ao longo de toda a súa infancia e adolescencia e axudalo a construír un proxecto vital. "É, polo tanto, algo que hai que tomar moi en serio", salientou.Nese sentido, Fabiola García reiterou que, para poder facelo en condicións, é necesario "traballar con previsión, planificación e coordinación, contar cunhas regras de xogo claras e equitativas, iguais para todas as comunidades, e dispoñer dos recursos que garantan unha atención axeitada aos menores mentres formen parte do sistema galego de protección, que é o máis importante". Pero o Goberno, concluíu, "limítase á inacción, á improvisación, e ás imposicións".

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN