Xunta de Galicia
Galicia mantén a evolución positiva do mercado laboral co mellor xullo da serie histórica e sendo a segunda comunidade con mellores datos na comparativa interanual
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
A cifra de afiliacións aumentou en máis de 8.500 persoas no último mes sendo Galicia a segunda comunidade que máis sobe neste ámbito
Con algo máis de 118.000 persoas desempregadas supera en 2,61 puntos a baixa do paro do Estado en termos anuais
O paro diminuíu na evolución anual nas catro provincias e sete grandes cidades galegas, en todos os sectores de actividade e entre as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración
González puxo en valor a evolución favorable do mercado laboral galego e destacou o traballo da Xunta para continuar xerando máis e mellor emprego de calidade
O mercado laboral galego continúa cunha evolución favorable e acada, con 118.045 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de xullo desde que hai rexistros (1996). Ademais, Galicia é a segunda comunidade autónoma en baixada de paro na evolución anual (–7,38%), superando a baixada do Estado (–4,77%) en 2,61 puntos e tamén é a segunda comunidade que máis sube en afiliacións no último mes. Así o afirmou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos que fixo durante a visita ao Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño. Ademais, o paro caeu na evolución anual nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración. Na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (–11,93%) seguido da construción (–11,47%) e da industria (–11,25%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (–7,96%), entre os menores de 30 anos (–5,32%) e nos parados de longa duración (–6,05%). Ademais, a cifra de desempregados xuvenís é a máis baixa de toda a serie histórica (2005) e a de mulleres desempregadas a máis baixa nun mes de xullo. Con respecto á evolución mensual, o paro practicamente se mantén en Galicia con respecto a xuño, cunha suba moi lixeira. A maiores, José González tamén valorou os datos de afiliacións á Seguridade Social que acadan en Galicia un total de 1.093.374 cun aumento superior ás 8.500 persoas en relación co mes anterior. Neste ámbito Galicia é a segunda comunidade que máis sobe en afiliacións no último mes. Neste sentido, o conselleiro explicou que o Goberno galego segue deseñando distintas medidas para continuar xerando máis e mellor emprego de calidade, tanto por conta propia como por conta allea, tendo como base o diálogo social cos principais axentes socioeconómicos.Deste xeito, a Xunta busca afrontar retos como a falta de man de obra coa finalidade de seguir mellorando a inserción laboral das galegas e dos galegos, poñendo o foco nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego como son os parados de longa duración. Para mellorar a contratación por conta allea, o Goberno galego está a modernizar o Servizo Público de Emprego e a casar oferta con demanda a través da ferramenta baseada en Intelixencia Artificial, EMi. Deste xeito, busca incrementar as oportunidades laborais das persoas que realmente queren traballar.Ademais, para impulsar o emprego por conta propia, o Executivo autonómico segue despregando a Rede de polos de emprendemento que conta con 14 oficinas, coa previsión de ampliarse ata 15 proximamente.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando