Xunta de Galicia

Galicia, pioneira en poñer en marcha protocolos de Xestión de Enfermería a Demanda en atención primaria para a asistencia de molestias urinarias nas mulleres

Galicia, pioneira en poñer en marcha protocolos de Xestión de Enfermería a Demanda en atención primaria para a asistencia de molestias urinarias nas mulleres

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Xunta desenvolve de forma piloto, no centro de saúde da Estrada, un proxecto de Xestión de Enfermería a Demanda (XED) con 17 protocolos xa finalizados e outros 2 en revisión

Entre outras patoloxías os protocolos prevén a atención de dor de gorxa, ollos vermellos, catarro ou retención aguda de urina en homes

Nos meses de xuño e xullo, de 283 dos pacientes citados cun protocolo XED, 188 resolveron o seu caso con atención de enfermería

Galicia sitúase na vangarda sanitaria ao poñer en marcha un programa piloto de protocolos de Xestión de Enfermería a Demanda (XED) que inclúe a atención das molestias urinarias na muller. Os protocolos XED son un instrumento de soporte e apoio clínico que permite ao persoal de enfermería de atención primaria dar resposta dunha forma segura e homoxénea ás necesidades dos pacientes. Baséanse na evidencia científica e son constantemente sometidos a unha actualización periódica elaborada por parte dun equipo multiprofesional.Desde o 11 de xuño, a sanidade pública galega desenvolveu no centro de saúde da Estrada un total 17 protocolos enmarcados dentro da Xestión de Enfermería a Demanda en atención primaria, os cales están integrados dentro do sistema SIGAP–XIDE. Entre eles atópanse a atención a molestias urinarias da muller, constipación, diarrea, elevación aguda da presión arterial, dor de gorxa, epistaxe (hemorraxia nasal), ollos vermellos, anticoncepción de urxencia (pílula poscoital), dor menstrual ou dismenorrea, lesións orais e periorais por herpes simple, mastite, catarro e retención aguda de urina en homes. Actualmente vómitos, onicocriptose (unllas encarnadas), molestias vulvovaxinais e aftas orais iniciarán a súa pilotaxe .Ademais destes protocolos xa finalizados, outros dous atópanse en revisión e correspóndense a orizó (molestias palpebrais) e picaduras.Durante xuño e xullo, foron citados 283 pacientes cun motivo de consulta asociado a un protocolo XED. Deles, 58 foron seguidos dunha cita médica no mesmo día, 37 casos foron derivados posteriormente ao médico de familia, mentres que en 188 casos a actuación de enfermería foi finalista.A implantación destes procesos específicos optimizan a xestión da demanda en Atención Primaria e contribúen ao correcto desenvolvemento das funcións do persoal de enfermería, levando ao límite as súas competencias para ofrecer á cidadanía unha resposta homoxénea ante procesos agudos de baixa complexidade clínica e autolimitados no tempo, evitando o fraccionamento e superposición de actuacións co obxecto de garantir a seguridade do paciente e a continuidade asistencial.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN