Xunta de Galicia
Galicia será un ano máis o epicentro internacional da loita cos campionatos do mundo sub-20 de Pontevedra, co apoio da Xunta
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O secretario xeral para o Deporte lembra que Galicia é a rexión do mundo na que máis competicións internacionais de loita realizáronse nos últimos anos
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación dos Campionatos do Mundo de Loitas sub–20 que terán lugar do 2 ao 8 de setembro en Pontevedra. O mandatario galego destacou que “os 1.200 loitadores e loitadoras de entre 17 e 20 anos procedentes de 84 países situarán á nosa terra, de novo, como epicentro mundial desta disciplina deportiva”.Neste sentido, lembrou que Galicia é a rexión do mundo na que máis competicións internacionais de loita realizáronse nos últimos anos. Deste xeito lembrou o Europeo Júnior de Pontevedra de 2019, o Mundial U23 en Pontevedra de 2022, o Europeo Júnior en Santiago de 2023, e por último, este Mundial U20, de novo, en Pontevedra, eventos nos que a Xunta “ofreceu unha colaboración moi importante”.Lete Lasa destacou a loita como un dos principais eventos dos Xogos Olímpicos que comezan esta semana en París que xa dende tempos da Antigüidade contaban con competicións de loita, puxilato e pancracio. Neste sentido destacou o traballo da loita galega que contou con dous loitadores olímpicos como Juan Antonio Caride e Alfredo Marcuño en Seúl 88 e que, nesta ocasión, estivo a piques de conseguir a clasificación de Lydia Pérez. O secretario xeral apuntou cara a importancia deste tipo de eventos que permiten que os nosos deportistas como Candela Castro, Gonzalo Caparrós, Alessandro Iemma e Moisés Bello, todos eles relacionados co Centro Galego de Tecnificación Deportiva, poidan competir cos mellores do mundo e ampliar no día de mañá esa listaxe de loitadores galegos olímpicos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando