Xunta de Galicia

Gómez Caamaño destaca a calidade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que en 2023 captou 52 millóns para proxectos innovadores

Gómez Caamaño destaca a calidade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que en 2023 captou 52 millóns para proxectos innovadores

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro destaca que o 45% dos traballos científicos desenvolvidos no IDIS se enmarcaron en grupos de carácter internacional

Caamaño salienta a aposta da Xunta pola investigación, tras a integración no sector público dos tres institutos de investigación sanitaria cos que conta Galicia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, interveu esta mañá na presentación da Memoria anual de actividades do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Un acto no que destacou a calidade das investigacións que está a levar a cabo este centro, así como a súa capacidade para captar máis de 52 millóns de euros en 2023 para desenvolver proxectos científicos de carácter innovador.Na compaña do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; e do xerente da área sanitaria de Santiago–Barbanza, Ángel Facio, o titular de Sanidade remarcou o alto nivel dos equipos de investigación do IDIS, e a importancia que posúe contar con centros de referencia para reter o talento na comunidade galega e así garantir o seu relevo xeracional.“A calidade da investigación sanitaria que desenvolve o IDIS pódese medir polo feito de que o 45% dos seus traballos científicos enmarcáronse en grupos de carácter internacional” precisou.“Apostar pola investigación sanitaria é apostar polo futuro da nosa sociedade” salientou Caamaño, destacando a integración no sector público autonómico, desde xaneiro de 2024, dos tres institutos de investigación sanitaria cos que conta Galicia.No peche da súa intervención, o conselleiro agradeceu o labor que desenvolven os máis de 1.300 profesionais cos que conta o IDIS, un capital humano que “é o máis valioso que temos”, ao tempo que convidou ao conxunto de profesionais a manter a “excelencia en termos de investigación sanitaria”, para acadar uns mellores diagnósticos e tratamentos para o coidado da saúde dos galegos e galegas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN