Xunta de Galicia

Gómez Caamaño remarca que a atención pediátrica no Barco de Valdeorras está plenamente garantida

Gómez Caamaño remarca que a atención pediátrica no Barco de Valdeorras está plenamente garantida

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O titular de Sanidade destaca que os cupos pediátricos non teñen demora na petición de citas e que estas son concedidas para as seguintes 24 horas

Asegura que todos os pacientes están a ser atendidos por pediatras e médicos de familia capacitados para a atención pediátrica

Subliña que Galicia é das poucas comunidades onde a atención pediátrica é realizada en case o 90% dos casos por especialistas en pediatría

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remarcou esta tarde no Parlamento de Galicia que a asistencia pediátrica no centro de saúde do Barco de Valdeorras está plenamente garantida.Durante a súa intervención no Pazo do Hórreo, o máximo responsable da Sanidade galega incidiu en que os dous cupos pediátricos cos que conta o centro de saúde do municipio non posúen demora algunha para unha cita.“A demora para conseguir cita é de cero días en ambos os dous cupos pediátricos do Barco de Valdeorras” subliñou Caamaño.Neste sentido explicou que todos os pacientes pediátricos están a ser atendidos coa maior celeridade posible e que, ademais, sempre se fai con profesionais especialistas en pediatría ou por médicos de familia capacitados para a atención pediátrica.“Galicia é das poucas comunidades onde a atención pediátrica é realizada en case o 90% dos casos por especialistas en pediatría”.O conselleiro de Sanidade explicou, tamén, que o centro de saúde desta localidade ourensá conta cunha dotación de dous pediatras e, aínda que actualmente unha das prazas está vacante, o Servizo Galego de Saúde agarda adxudicar a segunda delas nunha nova volta do concurso de prazas de difícil cobertura impulsado pola Xunta. En todo, caso, abondou en que os pacientes de ambos os dous cupos están a ser atendidos por médicos especialistas en pediatría ou puericultores.Así, e tras agradecer a dedicación e o esforzo dos profesionais sanitarios do centro de saúde do Barco de Valdeorras lamentou a visión “alarmista” e “apocalíptica” que algún dos partidos da cámara quere trasladar sobre a asistencia pediátrica neste municipio. “A realidade está moi afastada do alarmismo que vostedes predican. Temos un sistema sanitario sólido, con máis recursos que nunca e con máis profesionais sanitarios traballando que nunca”, incidiu.Na súa intervención Gómez Caamaño instou aos partidos da Cámara galega a colaborar para que o Ministerio de Sanidade escoite as continuas demandas que a Xunta lle está a trasladar ao Goberno central, co ánimo de paliar a falta de médicos de atención primaria que sofre o conxunto do Sistema Nacional de Saúde.Así, e segundo apuntou o conselleiro, é preciso que o Ministerio de Sanidade mude o sistema de elección das prazas MIR, que elimine a nota de corte, que modifique o proceso de acreditación de centros de formación de especialistas e que axilice a homologación dos títulos estranxeiros. Ademais, tamén avogou por permitir que os médicos de máis de 70 anos, que así o desexen, poidan seguir traballando.Sobre este particular, Caamaño puxo en valor o conxunto de medidas que leva postas en marcha a Xunta de Galicia para garantir a calidade do sistema sanitario público galego.Así, lembrou a iniciativa legal que conseguiu dotar con 340 médicos ás prazas de difícil cobertura en Galicia, ou os 12,5 millóns consignados para reforzar a asistencia sanitaria durante o verán, e que posibilitarán que no período estival a comunidade conte con máis de 100 médicos residentes reforzando os centros de atención primaria e máis de 350 voluntarios colaborando na asistencia dos PAC.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín