Xunta de Galicia
Gómez Caamaño salienta o labor da asociación Sarela e subliña o apoio ao tecido asociativo con 1,2 M? para programas de carácter sociosanitario
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O titular de Sanidade salienta a importancia de que Galicia conte cun Proceso Asistencial Integrado (PAI) para o dano cerebral adquirido, co obxectivo de atender do mellor xeito posible as necesidades e os coidados que precisan os pacientes
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou esta mañá a sede Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela nun acto no que destacou o importante labor que desempeña o tecido asociativo no coidado e mellora da calidade de vida dos pacientes con dano cerebral adquirido.Xunto co xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio; do presidente da Asociación Sarela, José Balboa; do presidente da Federación de Dano Cerebral de Galicia, Luciano Fernández; e da directora de Sarela, Rocío García, Gómez Caamaño destacou a importancia de que Galicia conte cun Proceso Asistencial Integrado (PAI), destinado de xeito especifico ás necesidades e coidados dos pacientes con dano cerebral. A este respecto, subliñou a implicación de Rocío García durante o seu proceso de elaboración e deseño.O titular de Sanidade remarcou o labor que desenvolve o conxunto do tecido asociativo no eido da saúde. Así, e para contribuír ao desempeño das súas funcións, este ano 2024 a Xunta destinará máis de 1,2 millóns de euros aos programas de carácter sociosanitario.A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela foi creada no ano 2000 para prestar axuda ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias no ámbito da área sanitaria de Santiago e Barbanza. Actualmente está conformada por máis de 800 persoas socias, colaboradoras, voluntarias e profesionais, sendo un referente a nivel autonómico.Desde fai anos, o Servizo Galego de Saúde colabora con Sarela levando a cabo programas de atención fisioterapéutica para fomentar a autonomía das persoas afectadas polo dano cerebral adquirido, previr o deterioro das súas capacidades físicas e apoiar ás familias e persoas coidadoras.Entre os obxectivos da asociación están promover a defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido, a súa integración e normalización social e o seu coidado, asistencia e protección. Ademais, exerce un papel divulgador e orientativo para a prevención do dano cerebral adquirido e os seus efectos.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando