Xunta de Galicia

Gómez Caamaño subliña o labor de Asfedro na promoción da saúde e na loita contra as adiccións, ao que a Xunta contribúe con máis de 1,1 M?

Gómez Caamaño subliña o labor de Asfedro na promoción da saúde e na loita contra as adiccións, ao que a Xunta contribúe con máis de 1,1 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Servizo Galego de Saúde incrementou neste 2024 a súa achega á entidade nun 7,5%

A Consellería colabora coa asociación Asfedro na atención integral a persoas en situación de drogodependencia e ás súas familias

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe o labor na promoción da saúde e na loita contra as adiccións que presta a entidade ASFEDRO e ao que a Xunta contribúe este ano cunha achega de 1,1 millóns de euros.O titular de Sanidade, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e coa xerente da área sanitaria, Fernanda López Crecente, visitou esta mañá as instalacións de ASFEDRO en Ferrol.Gómez Caamaño destacou que, como recoñecemento ao traballo da entidade no seu labor asistencial e humano na loita contra as adiccións, a Xunta incrementou este ano a súa achega nun 7,5% con respecto a 2023, no marco do convenio de colaboración asinado entre a administración autonómica, a través do Servizo Galego de Saúde, e a asociación.Deste xeito, ASFEDRO poderá continuar coa realización de programas de carácter sociosanitario para axudar a persoas en situación de drogodependencia e ás súas familias: a actividade que desenvolve na comunidade terapéutica, con 22 prazas; a prestación de asistencia a arredor de 1.200 persoas; e as 50 que participan no seu programa semipresencial.A Consellería de Sanidade vén apoiando a realización de actividades por parte da entidade a través de distintas axudas. En 2023 o Servizo Galego de Saúde e a asociación asinaron un convenio de colaboración por máis de 1 millón de euros para a asistencia sanitaria no eido das adiccións; tamén de cara á realización de melloras no centro, a Consellería achegou 50.000 euros á entidade; e outros 6.500 para a realización de programas dirixidos á procura de emprego das persoas con trastorno mental ou aditivo.Durante a visita, o conselleiro Gómez Caamaño puxo o foco “na necesidade de unificar os esforzos entre a sociedade, a administración e o tecido asociativo para poder seguir sensibilizando e dando visibilidade a unha problemática que afectou e afecta a moitos galegos e galegas e ás súas familias”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín