Xunta de Galicia

Os hoteis galegos reciben un 2,5% de viaxeiros máis en xullo e incrementan a súa rendibilidade un 7%

Os hoteis galegos reciben un 2,5% de viaxeiros máis en xullo e incrementan a súa rendibilidade un 7%

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento, no ámbito hoteleiro Galicia consolida o incremento dos valores previos á pandemia en verán

O turismo internacional acumula catro anos consecutivos de crecemento da demanda hoteleira en xullo e acada un máximo histórico este mes

Os hoteis e pensións galegos recibiron o pasado mes de xullo máis de 600.000 viaxeiros que fixeron preto de 1,3 millóns de noites, o que supón un incremento de 2,5% e que trouxo consigo bos datos económicos para o sector, cun incremento da rendibilidade hoteleira de máis do 7%.Así se desprende das magnitudes feitas públicas hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre viaxeiros e noites nos hoteis e pensións rexistrados en xullo. A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento que se publicarán a vindeira semana, constátase que o turismo en Galicia acumula tres anos consecutivos de estabilidade no verán e consigue situarse por riba dos valores previos á pandemia, superando nun 5% a cifra de xullo de 2019 en hoteis e pensións.O 77% das noites hoteleiras corresponderon en xullo ao turismo de ámbito nacional, e obsérvase un importante incremento do internacional, que consolida catro anos consecutivos de crecemento da demanda en xullo, o que permite acadar un máximo histórico con máis de 290.000 noites hoteleiras.

A nivel territorial o comportamento da demanda hoteleira destacou nas provincias de Lugo e Ourense, con incrementos da súa demanda hoteleira nun 6% e nun 4% respectivamente. Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira en relación ao ano pasado, que sobe un 7,4%. Estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais de case 58 millóns de euros no mes de xullo, cifra que se incrementa en relación ao dato do pasado ano nun 3,4%, superando tamén o valor previo á pandemia, de xullo de 2019, cando se facturaban case 43 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade. Isto supón que Galicia rexistra un máximo da serie histórica de ingresos hoteleiros no mes de xullo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 06 NOV 2024 | BOLETÍN