Xunta de Galicia
López Campos sostén que o éxito da Lei de Cultura inclusiva reside na "implicación de todos os axentes"
Publicado el - Actualizado
6 min lectura
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude afirmou, durante unha reunión co sector celebrada en Ourense, que a normativa “suporá un antes e un despois na creación de cultura e acceso á mesma”
O texto acaba de recibir o visto e prace do Consello da Xunta para a súa tramitación no Parlamento galego, coa intención de que estea aprobada a finais de ano
É a primeira vez que en Europa se regula nesta materia desde a perspectiva da inclusión e afonda na eliminación de barreiras físicas, cognitivas, comunicativas, sociais ou territoriais
“Esta é unha norma que suporá un antes e un despois na creación de cultura e no acceso á mesma, contribuíndo a desfacer todo tipo de barreiras, xa sexan físicas, cognitivas, sociais ou territoriais”. Así definiu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a nova Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia, que presentou hoxe en Ourense ante un grupo representativo dos axentes implicados e “pezas fundamentais”, dixo durante o encontro, “para que este regulación funcione coa implicación real de todos”.O texto acaba de recibir o visto e prace do Consello da Xunta para a súa tramitación no Parlamento galego, procedemento que o Goberno autonómico agarda estea rematado a finais de este ano para que a lei entre en vigor canto antes. Neste senso, López Campos indicou que “estamos a piques de conseguir todo un fito para Galicia porque esta é unha iniciativa pioneira en Europa. É a primeira vez que se regula desta maneira o acceso á cultura de todas as persoas tendo como base os principios de inclusión e accesibilidade”.Así, o titular de Cultura da Xunta incidiu en que o esencial desta normativa “é que garante o goce da oferta cultural e a posibilidade de creación de proxectos a todas as persoas salvando as circunstancias de exclusión, prestando desta maneira especial atención a aquelas que se atopan en situación de desvantaxe xa sexa por limitacións territoriais, situación económica, pertenza a un grupo sensible ou outras circunstancias”.Tal e como recordou López Campos, a norma está plenamente consensuada co sector e cos principais colectivos implicados polo que, recordou, “agardamos a máxima cooperación e colaboración no seu desenvolvemento de xeito transversal”.Cómpre lembrar que esta proposta de lei é o resultado dun proceso previo de reflexión no que tiveron lugar sete mesas de traballo coa colaboración de máis de 50 entidades do sector e que versaron sobre a infancia, a igualdade, a xuventude, as persoas maiores, as institucións e as industrias culturais. Ademais destas xuntanzas, a norma recibiu 11 achegas de distintas entidades unha vez exposta a consulta pública. A estas aportacións sumáronse varios informes de distintos departamentos da Xunta.No encontro fíxose fincapé nas medidas que xa están en marcha, poñendo de relevo o firme compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por ofrecer un programa adaptado a todo tipo de públicos e que chegue a toda Galicia. É o caso do
, a campaña que se acaba de lanzar para este verán e que aglutina as actividades vencelladas á Xunta en máis de 200 concellos, con especial sensibilidade no rural, e cunha oferta diversificada.Outra acción que xa responde ás premisas desta lei é
, o servizo de bibliotecas móbiles que funciona nos concellos do rural de Ourense e Lugo desde hai máis dun ano, levando a lectura e outras propostas de dinamización cultural a lugares con limitacións xeográficas. Tamén é de destacar o programa
, que enche as zonas rurais dunha oferta cultural diversa e de calidade.Ademais, entre as iniciativas en marcha tamén se atopa o sistema pioneiro de teatro inclusivo do Centro Dramático Galego no Salón Teatro, unha proposta que posibilita funcións con subtítulos ou audiodescricións ou sesións con condicións especiais para persoas sensibles á luz, o ruído ou a escuridade ou o proxecto piloto da Cidade da Cultura no que persoas con dificultades auditivas poden mellorar a súa experiencia nos concertos grazas a unhas mochilas vibratorias.Este texto legal abrangue dúas perspectivas referidas á participación na vida cultural nun sentido amplo. Por un lado refírese ao acceso e goce da cultura, e por outro enfócase na vertente creativa e xeradora de proxectos. Desta maneira, incide en facilitar os servizos e produtos a todo tipo de persoas, sexan cales sexan as súas condicións, e tamén en dar visibilidade ao talento artístico daquelas persoas creadoras que ás veces, por distintas circunstancias, se atopan en situación de desvantaxe.Entre outras condicións, considéranse factores de risco de exclusión cultural as limitacións por zona de residencia, atoparse cun déficit grave de recursos económicos, contar cunha discapacidade ou estar en situación de dependencia, ser unha persoa desempregada, ser vítima de violencia de xénero, estar en proceso de rehabilitación social ou pertencer a unha minoría étnica.No tocante á creación contémplase a creación de liñas de estímulo que reparen na perspectiva de xénero, na diversidade social e na realidade xeográfica de Galicia, permitindo así unha maior participación de colectivos que, polas súas características, teñan máis dificultades para participar activamente nas actividades de creación cultural.Un dos puntos importantes é a tecnoloxía, tanto polo impulso do seu uso, sobre todo para fomentar a dixitalización de todo tipo de materiais e recursos, como no apoio ás persoas con maiores dificultades neste eido, garantindo o mantemento dos sistemas analóxicos para evitar calquera tipo de discriminación.Así, inclúe medidas como a preservación da venda de entradas en despachos de billetes cando a tipoloxía de público así o requira, os descontos ou gratuidades para as persoas máis desfavorecidas ou o uso de formatos móbiles e itinerantes co fin de ofrecer unha programación de calidade nas zonas rurais.Ademais de ofrecer un marco estable desde o que traballar para promover unha participación universal e efectiva, ao abeiro da lei contémplase a creación (no prazo de dous anos desde a súa entrada en vigor) dun Plan de accesibilidade e de inclusión cultural no que participen as entidades representativas dos colectivos especialmente previstos na normativa e se detalle a situación actual xunto coas melloras a realizar.Tamén se prevé a posta en marcha dun Observatorio da cultura inclusiva e accesible de Galicia que funcionará como un órgano colexiado, de asesoramento e participación institucional, dependente da Consellería de Cultura, e participado por outros órganos e entidades, para velar polo seguimento da lei.Nestas iniciativas asume precisamente un papel importante o terceiro sector de acción social (asociacións, fundacións, entidades sen ánimo de lucro), esenciais no camiño de sensibilizar e implicar a todas as persoas en conseguir unha sociedade máis igualitaria e xusta no eido da cultura.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando